A PREHISTORIA

Description

Magisterio Note on A PREHISTORIA, created by Uxía Saavedra Yáñez on 31/01/2022.
Uxía Saavedra Yáñez
Note by Uxía Saavedra Yáñez, updated more than 1 year ago
Uxía Saavedra Yáñez
Created by Uxía Saavedra Yáñez almost 3 years ago
6
0

Resource summary

Page 1

A PREHISTORIA

A prehistoria é o período máis antigo e extenso do pasado da humanidade. Exténdese dende a aparición dos primeiros seres humanos ata a invención da escritura, hai máis ou menos 5.000 anos. A prehistoria divídese en tres etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Os primeiros seres humanos viviron hai uns 5 millóns de anos. Esta época coñécese como Paleolítico, que significa "pedra antiga" debido a que construían ferramentas labrando pedras. O Paleolítico transcorre dende a aparición do ser humano ata a aparición da gandaría e da agricultura. A vida no Paleolítico non era estable. Agrupábanse en tribus e traslandábanse dun lugar a outro en busca de alimento. Resguardábanse nas covas e alimentábanse da carne que cazaban, dos peixes que pescaban e dos froitos silvestres recollidos. Utilizaban a pel dos animais para vestirse e protexerse do frío. Durante esta época descubriron o lume, que lles permitiu quentarse, iluminar as covas, cociñar alimentos e escorrentar aos animais salvaxes. As ferramentas que fabricaron eran: arpóns, agullas con óseos e labraban pedras de sílex para facer coitelos, puntas de frecha e raspadores.

Na imaxe móstrase a vida no Paleolítico.

Page 2

Fai 10.000 anos o seres humanos aprenderon a cultivar plantas e comezaron a domesticar animais. Como consecuencia, a súa vida transformouse. Deronse de conta de que se unha semente caía á terra, crecía unha planta, desta maneira comezaron a cultivar trigo, arroz e outras plantas e desenvolvendo a agricultura. Por outro lado, comprenderon que era máis práctico manter aos animais nun cercado para obter os seus productos (carne, leite, la, ovos, ...) desenvolvendo a gandería. Esta nova época chámase Neolítico que significa "pedra nova" polo que tamén aparecen novas ferramentas. Gracias á agricultura e a gandería as mulleres e os homes accedían ao alimento facilmente e podían producilo. Por iso, comezan a construír as aldeas preto dos ríos tendo todo o vital ao seu alcance e fixéronse sedentarios. As chozas construíanse con adobe, pedras, madera e palla e a aldea estaba protexida por unha muralla. Seguían vestíndose con peles e con algúns tecidos que comenzaron a fabricar.  Os descubrimentos que destacan desta etapa da Prehistoria son: a cerámica, que modelaban barro creando vasillas para posteriormente, cocelo nun forno para conservar os alimentos; o tear, co que aprenden a fabricar tecidos con la e liño; e ferramentas como o muíño, aixadas e fouces. Na imaxe superior pódese ver como funcionaba unha aldea do Neolítico.

Page 3

O inicio da Idade dos Metais sitúase hai 7.000 anos, cando os seres humanos comezaron a fundir e forxar os metais para construír obxectos. O primeiro metal utilizado foi o cobre debido a que se podía encontrar facilmente na superficie. Máis tarde utilizaron o bronce (aleación de cobre e estaño) e finalmente o ferro. O uso dos metais permitiulles construír armas, adornos e obxectos máis resistentes que as de pedra.  As aldeas situadas próximas ás minas foron crecendo ata chegar a ser poboados, que máis tarde convertiríanse en cidades. Seguían estando protexidas con murallas e as vivendas eran pequenas, construídas con adobe ou pedra e teitos de palla. Os inventos máis destacables foron: A roda, que mellora o transporte por terra xa que permite construír carros para o transporte de mercancías e personas. A vela, que facilitoulle aos barcos aproveitar a forza do vento para desprazarse. O arado, que permite arar a terra con máis eficiencia. Nesta época tamén xurde o comercio e os comerciantes, sobre todo co metal. Os asentamentos que estaban situados nas rutas comerciais enriquecéronse e comenzaron as loitas para controlar as zonas esas zonas. Debido a isto, algunhas personas especializáronse en defender as cidades, aparecendo así os soldados. Os habitantes das cidades contaban cun xefe, que os protexía en caso de ataque.

Page 4

A ARTE NA PREHISTORIA

PINTURA A pintura da Prehistoria realizábase nas paredes das covas, utilizando cores amarelas, vermellas, negras e ocres maioritariamente. Estas cores obtíñanse de pigmentos animais, vexetais e minerais mesturados. Pintaban coas mans e máis tarde construían pinceis con pelo de animais. Os temas do Paleolítico e no Neolítico eran diferentes. No Paleolítico, representaban os animais que cazaban (mamuts, cervos, ...) utilizando varias cores. O exemplo máis coñecido é a Cova de Altamira aínda que na zona cantábrica encóntranse moitas máis pinturas da época do Paleolítico. No Neolítico representaban as súas cacerías, os seus bailes ou as colleitas. Eran máis esquemáticas e pintaban cunha soa cor. Na zona levantina (costa mediterránea)  onde abundas máis exemplos deste tipo de pinturas. Un deles é a Cova de El Congul situada en Cataluña.

Cova de Altamira (Cantabria). 

Cova de El Congul, en Lérida (Cataluña).

ARQUITECTURA Ao final do Neolítico o ser humano comeza a a construír monumentos con grandes pedras denominados megalitos. Hai tres tipos de monumentos megalíticos: Menhir: grandes pedras espetadas verticalmente no chan. Era unha marca territorial ou conmemorativa. Dolmen: conxunto de menhires cubertos cunha pedra horizontal. Utilizábanse para un enterramento colectivo. Crómlech: menhires colocados en círculo sinalando un lugar sagrado. Se utilizaban para el culto agrario ou solar.

ESCULTURA Durante a Prehistoria as mulleres e os homes tamén tallaron diversas estatuas. Maioritariamente realizábanse en relevo nas pedras das covas (baixorrelevo). Tamén modelaron en arxila. Tiñan moitos problemas á hora de crear espazo e representando movemento na figura. Un exemplo é a Venus de Laussel que se pode ver na imaxe de embaixo.

Show full summary Hide full summary

Similar

7 Técnicas para Aprender Matemáticas
maya velasquez
Selectividad: Horario de Estudio (6 meses)
maya velasquez
PLANEACIÓN DIDÁCTICA
Maria de la Paz Hernández
Beneficios Técnicas de Estudio
RAÚL ASFA
Tendenciaseducativas actuales
José Angel Romer
Evaluación De Expresión Oral Y Escrita
DORIS BARREZUETA
Cualidades de la Voz y Variedad Vocal "Expresión Oral"
jairosernabernal
Variació Lingüística
Flor Belda
Roles en la educación inclusiva
Alejandro Villamizar
Importancia de la Educación Preescolar
Yaxmincita
Día Internacional de la Alfabetización - Ideas para el Aula
Diego Santos