RECITAL GALEGO con TEXTO, AUDIO y VÍDEO...

Description

RECITAL en GALEGO ...
Ulises Yo
Note by Ulises Yo, updated more than 1 year ago
Ulises Yo
Created by Ulises Yo over 8 years ago
109
0

Resource summary

Page 1

Campanas de BASTABALES, de Rosalía de Castro ...

Campanas de Bastabales, / cando vos oio tocar, / mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, / campaniñas, campaniñas, / sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, / penso que por min chamades / e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, / que antes tiña vida enteira / e hoxe teño media vida. Sóio media me deixaron / os que de aló me trouxeron, / os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, / ¡ai!, uns amores toliños, / ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, / as soidades viñeron: / de pena me consumiron. Campanas de Bastabales, / cando vos oio tocar, / mórrome de soidades.

Page 2

ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES..., de Rosalía de Castro.

... [Adios, ríos; adios, fontes; / adios, regatos pequenos;adios, vista dos meus ollos: / non sei cando nos veremos.] ... Miña terra, miña terra, / terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto, / figueiriñas que prantei. ... Prados, ríos, arboredas, / pinares que move o vento,paxariños piadores, / casiña do meu contento. ... Muíño dos castañares, / noites craras de luar;campaniñas timbradoras / da igrexiña do lugar. ... Amoriñas das silveiras / que eu lle daba ó meu amor;caminiños antre o millo, / ¡adios, para sempre adios! ... ¡Adios groria! ¡Adios contento! / ¡Deixo a casa onde nacín,deixo a aldea que conozo / por un mundo que non vin! ... Deixo amigos por estraños, / deixo a veiga polo mar,deixo, en fin, canto ben quero... / ¡Quen puidera non deixar!... ... Adios, adios, que me vou, / herbiñas do camposanto,donde meu pai se enterrou, / herbiñas que biquei tanto, / terriña que nos criou. ... Xa se oien lonxe, moi lonxe, / as campanas do Pomar;para min, ¡ai!, coitadiño, / nunca máis han de tocar. ... Xa se oien lonxe, máis lonxe... / Cada balada é un dolor;voume soio, sin arrimo... / Miña terra, ¡adios!, ¡adios! ... ¡Adios tamén, queridiña!... / ¡Adios por sempre quizais!...Dígoche este adios chorando / desde a beiriña do mar. ... Non me olvides, queridiña, / si morro de soidás...Tantas légoas mar adentro... / ¡Miña casiña!, ¡meu lar! [D.C.]

Page 3

HIMNO de GALICIA...

Os Pinos¿Qué din os rumorosos / na costa verdecente ao raio transparente / do prácido luar? ¿Qué din as altas copas / de escuro arume arpado co seu ben compasado / monótono fungar?Do teu verdor cinguido / e de benignos astros confín dos verdes castros / e valeroso chan, non des a esquecemento / da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono / fogar de Breogán.Os bos e xenerosos / a nosa voz entenden e con arroubo atenden / o noso ronco son, mais sóo os iñorantes / e féridos e duros, imbéciles e escuros / non nos entenden, non.Os tempos son chegados / dos bardos das edades que as vosas vaguedades / cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante / a nosa voz pregoa a redenzón da boa / nazón de Breogán. ... ... ... Eduardo Pondal / Pascual Veiga.

Page 4

NEGRA SOMBRA, de Rosalía de Castro...

... Cando penso que te fuches, / negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales / tornas facéndome mofa. ... Cando maxino que es ida / no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila / i eres o vento que zoa. ... Si cantan, es ti que cantas, / si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río / i es a noite i es a aurora. ... En todo estás e ti es todo, / pra min i en min mesma moras nin me dexarás nunca, / sombra que sempre me asombras. ... ... ... ... ... Por Carlos Núñez e Luz Casal.

Page 5

A RIANXEIRA...

ESTRIBILLO:Ondiñas veñen, (bis) ondiñas veñen e van; non te embarques rianxeira que te vas a marear. (bis) A virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo, (bis) a barquiña que a leva era de pau de laranxo. (bis) ESTRIBILLO... A virxe de Guadalupecando vai pola ribeira, (bis)descalciña pola areaparece unha rianxeira. (bis) ESTRIBILLO... ... ... Popular De Galicia.

Page 6

Catro VELLOS MARIÑEIROS ...

Catro vellos mariñeiros, [bis] todos metidos nun bote; boga, boga, mariñeiro, vamos pra Viveiro, xa se ve San Roque. [bis] Aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá,aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá,aila leelo, ailala leelo, ailala leelo, ailalalá. Os mariñeiros traballan [bis] de noite coa luz da lúa; dá gusto velos chegare pola mañá cedo cheirando a frescura. [bis] Aila leelo... Traio sardiña e bocarte, [bis] tamén xurelo pequeno. Rapaciña de Viveiro, ven buscar o lote do teu mariñeiro. [bis] Aila leelo...

Page 7

ARRIBADA ...

Arribada da Carabela A Pinta a Baiona A Real (Pontevedra) o 1 de marzo de 1493: Primeira noticia do DESCUBRIMENTO de AMÉRICA.

Bayoneses, forasteros, . . . . . . . . . . .E porque estos marineroscon asombro e con placer . . . . . . . han tornado vencedores,acabáis de conocer . . . . . . . . . . . . . recibir sean con honores,como aquestos marineros . . . . . . . cual hidalgos cabelleros,han vencido al mar ignoto . . . . . . . e a su paso han redoblar en las Indias descubierto . . . . . . . . las campanas del convento,por destreza a fe ya cierto . . . . . . . proclamando el nascimentode Pinzón e su piloto. . . . . . . . . . . . de otro mundo, allende el mar. E presto la real villa . . . . . . . . . . . . . [Y anunciando con el vientoanunciara tal hazaña . . . . . . . . . . . que a Bayona de Galiciaa nuestra reina de España, . . . . . . ha arribado la noticiadoña Isabel de Castilla. . . . . . . . . . del mayor descubrimiento.] [BIS]

Show full summary Hide full summary

Similar

Los Oficios de las Artes Escénicas Musicales
Ignasi Climent Mateu
FRACCIONES...
Ulises Yo
CANCIONES. Completar ESTROFAS...
Ulises Yo
INFANTIL: PERSONAJES de CÓMIC...
Ulises Yo
CAMPOS SEMÁNTICOS con A-...
Ulises Yo
KARAOKE...
Ulises Yo
MÚLTIPLOS s/t...
Ulises Yo
ZODÍACO...
Ulises Yo
FEDERICO GARCÍA LORCA
Pablo Márquez
FÚTBOL-2018...
Ulises Yo
ADIOS RÍOS, poema...
Ulises Yo