Zusammenfassung der Ressource
RECOÑECEMENTO
EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Para que é o
recoñecemento
- Para que as persoas que teñen
experiencia e/ou formación non oficial, a
través dun proceso de asesoramento e
avaliación, poidan obter unha
acreditación oficial, de ámbito estatal,
con efectos:
- Profesionais: acceso e promoción no
emprego
- Académicos: validación de
módulos da FP inicial e/ou da FP
para o emprego (desempregados
e ocupados).
- Quen pode obter o
recoñecemento
- Nacionalidade española,
residente comunitario ou
autorización de residencia
- Experiencia laboral e/ou
formación relacionada coas
competencias que se queren
acreditar:
- Experiencia laboral:
- 18 anos cumpridos, nas
unidades de competencia de
cualificacións de nivel I, e 20
anos para o nivel II e III.
- Para Unidades de competencia de
nivel II e III, 3 anos, cun mínimo de
2.000 horas traballadas nos
últimos 10 anos.
- Para unidades de competencia de
nivel I, 2 anos de experiencia
laboral e mínimo de 1.200 horas.
- Formación:
- nivel II e III, mínimo 300 horas
nos últimos 10 anos.
- Para de nivel I, mínimo 200 horas
nos últimos dez anos.
- Por unidades de competencia: a
duración establecida no módulo
formativo asociado a unidade de
competencia
- Como obter o recoñecemento
- É necesario inscribirse no procedemento de
recoñecemento da competencia profesional: Tras a
publicación da convocatoria no DOG e no BOE, as
persoas interesadas deberán presentar solicitude, no
prazo indicado, acompañada do seu currículo (modelo
europeo) e toda documentación xustificativa da súa
experiencia e/ou formación. Poderán presentar esta
documentación en calquera oficina de rexistro da
Xunta de Galicia, do Portelo Único ou por calquera das
formas previstas na Lei de procedemento
administrativo.
- FASES
- AVALIACIÓN
- FIN: Comprobar a competencia
profesional das persoas.
- COMO: A través de distintos
métodos e actividades de
avaliación, que poderán ser:
entrevistas profesionais,
simulacións, probas de
competencia, observación no
posto de traballo, etc.
- A QUEN: Ás persoas que, tras o
asesoramento, decidan pasar á
fase de avaliación.
- POR QUEN: Unha comisión de
avaliación, de polo menos 5
persoas, expertos profesionais ou
docentes na materia.
- ONDE: Nos centros de
formación ou empresas que se
determinen.
- RESULTADO: A comisión
comunicaralle a cada candidato
os resultados da avaliación
(competencia demostrada ou
non demostrada) e un plan de
formación.
- ASESORAMENTO
- FIN: Axudarlles ás persoas a
autoavaliar a súa competencia
e completar o seu historial
profesional e formativo.
- COMO: Haberá unha reunión
grupal e entrevistas individuais.
- A QUEN: Ás persoas que fosen
admitidas no procedemento.
- POR QUEN: Un asesor, que será
un experto profesional ou docente
na materia.
- ONDE: Nos centros que se
indicarán na convocatoria.
- RESULTADO: O asesor
proporcionaralle a cada persoa
un informe orientativo e, de ser o
caso, un plan de formación.
- ACREDITACIÓN
- FIN: Recoñecer, mediante un
documento oficial, os
coñecementos e capacidades das
persoas
- COMO : A Administración
expediralle a cada persoa unha
acreditación parcial acumulable
da/s unidade/s de competencia
superadas.
- A QUEN: Ás persoas que obtiveron
avaliación positiva.
- POR QUEN: Por parte das
consellerías de Traballo e
Benestar e de Educación e
Ordenación Universitaria.
- RESULTADO: Acreditación das
unidades de competencia e
posibilidade de completar un
certificado de profesionalidade
e/ou un título de FP.
- ONDE OBTER
INFORMACIÓN e
ORIENTACIÓN xeral sobre o
procedemento: fases,
requisitos, documentación,
calendarios, sedes, etc.
- Nas oficinas de emprego do
Servizo Público de Emprego de
Galicia.
- Nos centros integrados de
Formación Profesional e nos
centros de referencia nacional.
- Nos centros propios da
Consellería de Traballo e
Benestar e nos centros públicos
de Formación Profesional da
Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
- Na páxina web da Consellería de
Traballo e Benestar:
http://traballoebenestar.xunta.es
- No Instituto Galego das
Cualificacións, tel.: 981 546 840