Zusammenfassung der Ressource
Cantiga de amor
- Definición
- O trobador expresa a súa pena amorosa por unha muller á que lle chama senhor
- Orixes
- CanÇó provenzal
- Requisitos:
- MESURA : trato respectuoso e delicado coa amada
- DISCRECIÓN : prohibición de divulgar o nome da dama
- Interlocutores
- O destinatario é a dama (senhor) ; un auditorio indeterminado ; amigos ; Deus ; Amor
- Temas
- A LOANZA DA DAMA : aparece na primeira parte da cantiga e pode referirse á beleza física ou moral
- O AMOR DO POETA : Maniféstase ao longo de todo o poema
- A RESERVA DA DAMA : rexeitamento ; indiferenza ; despreocupacion pola sorte do namorado
- A COITA DE AMOR : diferentes graos de sufrimento por amor
- tipos
- CANTIGAS DE REFRÁN : un ou varios versos repitidos ao final de cada estrofa
- CANTIGAS DE MESTRÍA : non teñen refrán
- recursos estilísticos
- O DOBRE : palabra ou palabras repetidas en posición simétricas dunha estrofa
- O MORDOBRE : lexema repetido simétricamente con variacións nos morfemas flex. ou deriv.
- A FINDA : versos finais ao remate da cantiga como conclusión