Erstellt von Julien Courcier
vor fast 10 Jahre
|
||
A LINGUA COMO FERRAMENTA SOCIAL. A lingua ----> Vehículo social ----> Vínculo social. A lingua ten un por un lado un carácter integrador e por outra banda un carácter disgregador. Isto é, un individuo que fala o mesmo idioma que outro grupo de persoas, permanece unido a él con facilidade, mentres que un individuo que emprega unha lingua diferente a dun grupo de persoas, sepárase rapidamente deste. Por exemplo: Un galego entra nunha sala onde hai outro galego, un portugués, un italiano e un chinés. Este galego irá en primeiro lugar a falar con aquela persoa coa que mellor se entende (o outro galego), en segundo lugar iría falar co portugués dado que sería segunda lingua que mellor entendería, e en terceiro e cuarto lugar respectivamente, co italiano e o chinés. Con este último non chegaría a entenderse, por iso falamos dun carácter disgregador da lingua. Temos pois que ter en conta este factor, que así mesmo marca un nivel e grupo social así como os dialectos…. Ademais, debemos recordar que a lingua, o que falamos, cómo o dicimos; transmite as veces incluso máis que o propio discurso. NIVEIS DA LINGUA. Vinculado coa escrita. CULTO. Vocabulario especializado, estruturas sintácticas máis elaboradas (comparacións, coordinadas, concesivas….). Especialmente vinculado coa escrita. ESTÁNDAR. Maior vocabulario e máis preciso. Cunha sintaxe elaborada. Non representa a totalidade do idioma, dado que é a normalización da lingua.* Vinculado coa fala. COLOQUIAL. Empréganse menos verbos comodín. Maior vocabulario que no nivel vulgar, máis preciso, menor uso de termos mal soantes, (sen) anacolutos…. VULGAR. Escaso vocabulario, impreciso, termos malsoantes, termos tabú, estruturas sintácticas moi simples, con anacolutos…. A medida que ascendemos nesa escala, podemos entrever unha maior formación cultural. Así coma un cambio de vocabulario considerábel. CULTO: Falecido, cadáver. ESTÁNDAR: Defunto. COLOQUIAL: Finado, morto. VULGAR: Friame. Así mesmo, temos que recalcar dúas cousas no que respecta ao nivel estándar e ao nivel coloquial. Para comezar, que o nivel estándar é o resultado dun proceso de normalización lingüística para que todos os falantes do idioma, a pesar dos dialectos, poidan comprenderse sen dificultade na escrita. O nivel estándar está adicado especialmente a comprensión escrita. Este nivel conséguese traballando sobre un mesmo dialecto escollido (o castelán no que respecta ao español, por exemplo), ou ben cun conglomerado de tódolos dialectos. Despois, en segundo lugar, hai que deixar ben claro que o nivel coloquial é o máximo nivel que pode alcanzar unha cultura que non ten historia e que non avanza (non precisa de arcaísmos, nin neoloxismos….) e tamén é o máximo nivel que pode alcanzar a xente con pouca formación cultural. FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. ¿Para qué usamos a lingua no noso entorno? Distinguimos seis radios nos que nos movemos con axuda da lingua. Cada cal máis amplo aínda que quizais menos importante que o anterior. 1º Función de identidade: Lingua coa que procesamos o noso pensamento e nos reiniciamos. Soñar, reflexionar, estruturar e categorizar todo o noso mundo. 2º Función familiar: Ambiente do entorno habitual onde hai certo grado de confianza. Entorno máis cómodo, onde cada individuo se sente máis libre. 3º Función laboral (ou de proximidade): Coa xente coa que hai certo grado de confianza pero que non chega a máis. Compañeiros de traballo. 4º Función administrativa: Para aquelas relacións convencionais que suceden na vida cotidiana. Relacións de “coñecidos” sen chegar a trato persoal. 5º Función cultural: Función moi ampla. O entorno propiamente cultural como ben di o nome. Libros, películas, pezas de teatro…. 6º Función internacional: Para individuos que non son do propio entorno social. Estranxeiros, xente doutros “formatos culturais”.
Möchten Sie kostenlos Ihre eigenen Notizen mit GoConqr erstellen? Mehr erfahren.