Erstellt von José Raúl Cabaleiro González
vor mehr als 4 Jahre
|
||
ETIQUETAS O consumo responsable non é só consumir menos e mellor. Por consumo responsable entendemos a elección dos produtos e servizos non só en base a súa calidade e prezo, senón tamén polo seu impacto ambiental e pola conduta das empresas que os elaboran. Os consumidores somos responsables dos impactos que os produtos que consumimos teñen, unha das bases da consumo responsable é o coñecemento. As características dos produtos que consumimos poden consultarse nas etiquetas dos mesmos. Lectura de etiquetas Todos os alimentos deben ir provistos de certa información elemental que nos permita coñecer con precisión o que comemos. - O nome do alimento. - A cantidade de alimento, é dicir, canto pesa se é sólido, ou que volume ten se é líquido. - Lista de ingredientes. - Información nutricional, cales son os nutrientes que contén e en que cantidade. Tamén se indican as calorías que achega ese alimento, que nos informa da enerxía que obtemos del. Datas de caducidade ou consumo preferente. A data de caducidade emprégase en alimentos perecedoiros polo que despois desa data pode ser perigoso consumilos. Na etiqueta indica Data de caducidade... A data de consumo preferente emprégase en produtos non perecedoiros. Despois desa data os alimentos poderían consumirse, aínda que é posible que xa non se atopen nas mellores condicións de calidade. A data de consumo preferente está precedida do texto Consumir preferentemente antes de ... - Como se debe conservar, por exemplo en frigorífico, en lugares secos, afastado da luz... É importante seguir estas indicacións, especialmente no caso de produtos perecedoiros. - Nome da empresa que o fabricou. - Cal é o lugar de orixe do alimento. - Algunhas etiquetas tamén dan consellos de como empregar os alimentos. - As etiquetas tamén teñen unha identificación da empresa que envasa o alimento e do lote ao pertence o mesmo. Un lote é un conxunto de produtos que foron elaborados en condicións idénticas.
Möchten Sie kostenlos Ihre eigenen Notizen mit GoConqr erstellen? Mehr erfahren.