Zusammenfassung der Ressource
Frage 1
Frage
Que se deduce destes datos do INFORME SOCIOLINGÜÍSTICO DA COMARCA DO BARBANZA, realizado pola Coordinadora de Equipos de Normalización nos centros de ensino?
A Pobra do Caramiñal e Ribeira contan con arredor do 15 - 20 % de monolingües en galego, fronte a Rianxo que supera o 75% (e onde os monolingües en castelán representan só o 5%). Queda no medio o concello de Boiro, que ronda o 40% de falantes habituais de galego. Dentro dos concellos máis urbanos (A Pobra, Ribeira) existe tamén unha diferenza entre o alumnado de pequenos núcleos, como Aguiño (50% de galego), e o das vilas (10%).
Antworten
-
Os galegofalantes concéntranse no interior.
-
Hai vilas do Barbanza máis modernas ca outras.
-
No hábitat urbano hai maior uso do castelán.
-
O alumnado da Pobra é unha excepción na comarca.
Frage 2
Frage
Que nos indica, nese mesmo informe, o seguinte?
No IES Espiñeira de Boiro o galego é a lingua habitual para –aproximadamente- o 18% do alumnado da ESO e para o 52% do de Bacharelato. No IES Félix Muriel de Rianxo o 44% do alumnado de 1º ESO e o 92% do de 2º de Bacharelato asegura que ten unicamente o galego como lingua habitual da familia.
Antworten
-
A idade é unha variábel que inflúe moito nos usos do alumnado.
-
O alumnado de Boiro obtén mellores resultados académicos.
-
En Bacharelato poténciase máis o coñecemento do galego.
-
O alumnado vai castelanizándose a medida que supera niveis escolares.
Frage 3
Frage
De todo o anterior podemos concluír que a consideración negativa do galego provoca que se reduza a transmisión da lingua, que aumente a desgaleguización, sobre todo nos núcleos máis urbanos do Barbanza.
Frage 4
Frage
A maioría da poboación mantén a lingua habitual ao longo da vida. Pero tamén hai persoas que a cambian. Fíxate nos datos da imaxe e completa.
O factor que máis cambios de idioma provoca é [blank_start]a decisión persoal[blank_end]; esta favorece [blank_start]o galego[blank_end] porque hai sectores da poboación que se conciencian. O que máis favorece o paso ao castelán é [blank_start]o cambio de residencia[blank_end], porque hai máis traslados para as urbes. O ámbito do ensino ten un influxo [blank_start]menor[blank_end] no cambio de lingua (non chega ao [blank_start]10[blank_end]%) e, en todo caso, favorece a [blank_start]castelanización[blank_end].
Antworten
-
a decisión persoal
-
o influxo das amizades
-
por razóns de traballo
-
o galego
-
o castelán
-
o cambio de residencia
-
o traballo
-
o ensino
-
menor
-
fundamental
-
10
-
20
-
30
-
castelanización
-
regaleguización
Frage 5
Frage
A que se refire a nai cando di que non quere privar a nena da súa cultura? Ten intención de facer realmente iso? [Maior tamaño: https://goo.gl/We6mMx ]
Antworten
-
Refírese a que non quere que a filla adoptada deixe de coñecer a lingua e o modo de vida do seu lugar de orixe. Pero a muller está a privar a nena da cultura galega, a súa, ao non falarlle na lingua que lle é propia.
-
Refírese a que non quere que a filla adoptada deixe de coñecer a lingua e o modo de vida que están de moda. Por iso vai facer posible que a moza fale desde pequena galego e chinés, entre outras linguas.
-
Refírese a que non quere que a filla adoptada deixe de coñecer a lingua e o modo de vida maioritario no mundo, para que poida ir actuar a Asia.
Frage 6
Frage
Que prexuízos lingüísticos e culturais se poden apreciar ou intuír no texto? [Maior tamaño: https://goo.gl/We6mMx ]
Antworten
-
O concepto utilitario das linguas, ao cuestionar para que pode servir a aprendizaxe dun idioma.
-
A renuncia ao idioma propio (advírtese que son galegofalantes de orixe, pois cometen moitos erros ao empregar o castelán) ao asociar galego con clases baixas.
-
A asociación do castelán co prestixio e cunha posición acomodada, por iso o adoptan.
-
A identificación de falantes urbanos cunha ideoloxía nacionalista.
Frage 7
Frage
Os prexuízos parten da realidade, pero esaxérana e distorsiónana. Imos desmontar o que identifica galego con rural. Para iso, observa os datos da táboa e completa.
Os datos do cadro amosan que, canto [blank_start]maior[blank_end] é o tamaño do concello en poboación, menor é o número de persoas que falan galego. Pero hai máis:
• Nos municipios de menos de 10.000 habitantes as persoas que falan sempre ou maioritariamente castelán supoñen o [blank_start]21[blank_end] %; nos que teñen entre 10.000 e 20.000, a porcentaxe é de 41 %. Os datos demostran que hai [blank_start]bastantes[blank_end] castelanfalantes no medio rural.
• Nos concellos de máis de 50.000 habitantes as persoas que falan sempre ou maioritariamente en galego supoñen o [blank_start]27,5[blank_end] %. Isto demostra que se fala galego nas [blank_start]cidades[blank_end].
• Segundo os datos, [blank_start]non[blank_end] se pode concluír que o galego sexa unha lingua exclusivamente rural nin que o castelán sexa un idioma absolutamente urbano. O predominio dunha lingua en determinados ámbitos non pode sustentar un prexuízo sobre o seu carácter, rural ou urbano.
Antworten
-
maior
-
menor
-
21
-
31
-
27
-
bastantes
-
escasísimos
-
ningún
-
27,5
-
33,5
-
12,5
-
cidades
-
aldeas
-
non
-
si
-
case