Erstellt von Quini Freixeiro
vor mehr als 9 Jahre
|
||
Frage | Antworten |
Que teñen en común todas as células? | Membrana plasmática Citoplasma Material xenético |
Como son as células en xeral? | Microscópicas, é dicir, son tan pequenas que temos que velas con axuda dun microscopio |
Que tipos de células hai? | Procariotas Eucariotas |
Características das células procariotas | Teñen o ADN no citoplasma Parede celular ríxida Algunhas teñen un flaxelo Son o tipo de células das bacterias |
Características das células eucariotas | Son máis complexas Teñen o ADN no núcleo Teñen moitos orgánulos como vacúolos e mitocondrias Son as células de animais, prantas e fungos |
Que células teñen parede celular e cloroplastos? | As celulas dos vexetais |
Que orgánulo dá rixidez ás células vexetais? | A parede celular |
Que tipo de célula é a da ilustración | Unha célula procariota |
Di que partes da célula eucariota dos animais recordas? | Núcleo ADN Mitocondria Citoplasma Vacúolo Centriolo Membrana plasmática |
Partes da célula eucariota vexetal | Núcleo, ADN, Vacúolo, Citoplasma, Mitocondria, Cloroplasto, Membrana plasmática, Parede Celular. |
Que afirma a teoría celular | Que todos os seres están formados por unha ou máis células. Que a célula é a unidade mínima dun ser vivo que pode realizar as tres funcións vitais. Que toda célula procede dunha célula anterior xa existente. |
Para que sirve o flaxelo? | Para desprazarse |
Que células teñen o ADN no citoplasma | Procariotas |
Partes da célula procariota | Material xenético (ADN), Citoplasma, Parede celular, Membrana plasmática, flaxelo |
Que células non teñen núcleo? | Procariotas |
Möchten Sie mit GoConqr kostenlos Ihre eigenen Karteikarten erstellen? Mehr erfahren.