Erstellt von Ana Martínez
vor etwa 4 Jahre
|
||
Frage | Antworten |
QUE É A ENERXÍA? | É TODO AQUILO QUE PODE PRODUCIR CAMBIOS NA MATERIA |
QUE TIPOS DE ENERXÍA HAI? | MECÁNICA, QUÍMICA, TÉRMICA, NUCLEAR, ELÉCTRICA E LUMINOSA |
QUE É A ENERXÍA MECÁNICA? | É A QUE POSÚEN OS CORPOS EN MOVEMENTO |
QUE É A ENERXÍA QUÍMICA? | É A QUE CONTEÑEN SUBSTANCIAS COMO AS PILAS, AS BATERÍAS, OS COMBUSTIBLES EXPLOSIVOS E OS ALIMENTOS |
QUE É A ENERXÍA NUCLEAR? | É A QUE POSÚEN CERTAS SUBSTANCIAS COMO O URANIO E O PLUTONIO |
QUE É A ENERXÍA ELÉCTRICA? | É A ENERXÍA PROPORCIONADA POLA CORRENTE ELÉCTRICA E CIRCULA POLOS CABLES |
QUE É A ENERXÍA TÉRMICA? | E A QUE VAI DUN CORPO QUENTE A OUTRO MÁIS FRÍO |
QUE É A ENERXÍA LUMINOSA? | É A QUE ENERXÍA QUE TEN A LUZ |
QUE SON AS FONTES DE ENERXÍA? | SON RECURSOS NATURAIS DOS QUE SE OBTEÑEN A ENERXÍA |
TIPOS DE FONTES DE ENERXÍA | RENOVABLES E NON RENOVABLES |
DIFERENCIA ENTRE FONTES RENOVABLES E NON RENOVABLES | AS RENOVABLES NON SE ESGOTAN NUNCA E NON CONTAMINAN E AS NON RENOVABLES PÓDENSE ESGOTAR E CONTAMINAN. |
CALES SON AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES? | ENERXÍA EÓLICA, SOLAR, XEOTÉRMICA, BIOMASA E HIDRÁULICA |
QUE É A ENERXÍA EÓLICA? | É A ENERXIA DO VENTO. PRODUCE ELECTRICIDADE GRAZAS AOS AEROXERADORES |
QUE É A ENERXÍA SOLAR? | E A ENERXÍA DO SOL. PRODUCE ENERXÍA TÉRMICA E ELÉCTRICA GRAZAS ÁS PLACAS FOTOVOLTAICAS. |
QUE É A ENERXÍA HIDRÁULICA? | É A PROPORCIONADA POLA AUGA. PRODUCE ENERXÍA ELÉCTRICA NAS CENTRAIS HIDROELÉCTRICAS. |
QUE É A BIOMASA? | É A ENERXÍA PROPORCIONADA POR RESTOS DE ANIMAIS E PLANTAS, COMBUSTIBLES E EXCREMENTOS |
QUE É A ENERXÍA XEOTÉRMICA? | É A ENERXÍA DE DENTRO DA TERRA |
CALES SON AS ENERXÍAS NON RENOVABLES? | OS COMBUSTIBLES FÓSILES (PETRÓLEO, CARBÓN E GAS NATURAL) E ELEMENTOS COMO O URANIO E O PLUTONIO |
CAL É A ENERXÍA NON RENOVABLE QUE MENOS CONTAMINA? | O GAS NATURAL |
CONSECUENCIAS DO USO DE ENERXÍA | ESGOTAMENTO DE RECURSOS NATURAIS RESIDUOS RADIOACTIVOS CHUVIA ÁCIDA QUECEMENTO GLOBAL |
COMO SE PRODUCE A CHUVIA ÁCIDA? | CANDO OS GASES QUE SE DESPRENDEN AO QUEIMAR COMBUSTIBLES FÓSILES SOBEN A ATMOSFERA E SE MESTURA CON AUGA DE CHUVIA |
EXPLICA O EFECTO INVERNADOIRO | 1º O SOL QUENTA A SUPERFICIE DA TERRA 2º A TERRA EMITE CALOR AO ESPAZO 3º PARTE DESA CALOR QUEDA NA ATMOSFERA DEBIDO AOS GASES DE EFECTO INVERNADOIRO E VOLVE Á TERRA 4º A TERRA QUENTA E TEN BOA TEMPERATURA PARA VIVIR |
CANDO SE PRODUCE O QUECEMENTO GLOBAL? | CANDO AUMENTAN OS GASES DE EFECTO INVERNADOIRO NA ATMOSFERA |
COMO PODEMOS AFORRAR ENERXÍA? | Bañándonos en lugar de ducharnos. Pechando a billa ao lavar os dentes. Pechando as ventás cando poñemos a calefacción. Desenchufando os aparatos eléctricos. Utilizando luz natural sempre que poidamos. Apagando a luz cando saímos dunha habitación, ... |
Möchten Sie mit GoConqr kostenlos Ihre eigenen Karteikarten erstellen? Mehr erfahren.