O meu avó

Description

Slide Set on O meu avó, created by Miguel Fuciños Broz on 28/12/2017.
Miguel Fuciños Broz
Slide Set by Miguel Fuciños Broz, updated more than 1 year ago
Miguel Fuciños Broz
Created by Miguel Fuciños Broz almost 7 years ago
19
0

Resource summary

Slide 1

    A ESCOLA DO MEU AVÓ
     O meu avó foi a unha escola aos cinco anos,chamada Escola de Chelo que era a escola  do seu barrio, situada na  zona vella de Melide. Leváballe dous minutos a pé, na rúa que leva ao castelo. Eran uns corenta alumnos distribuídos por niveis e todo era en castelán.
    Caption: : A ESCOLA DE CHELO (1949)

Slide 2

    OUTRAS ESCOLAS DA VILA
    Ademáis das tres  escolas de pago había outras públicas e gratuitas, tres para nenos e outras tres para nenas, pero os pais do meu avó mandárono a el e ós seus irmáns á Escola de Chelo por estar preto da casa e ensinar ben.

Slide 3

    O TRABALLO NA AULA
    As asignaturas eran: ler, copiar dun libro, contas das catro reglas(suma, resta, multiplicación e división e os máis listos facían quebrados), estudar pola enciclopedia, debuxo e catecismo o sábado.
    Caption: : A ENCICLOPEDIA ESCOLAR ÁLVAREZ E UN LIBRO PARA APRENDER CALIGRAFÍA.

Slide 4

    A AULA E MATERIAL ESCOLAR
    Os máis pequenos estaban sentados nun banco feito por un  carpinteiro, os medianos nunhas mesas pequeniñas e os maiores nunhas mesas grandes. Usaban libretas, pizarras e pizarrillos e escribían con lápiz e pluma.

Slide 5

    Traballaban todos os días, agás os domingos e festivos. Non  había deberes pero tampouco vacacións de verán. A escola empezaba ás 10:00 ata as 13:00 e pola tarde das 15:00 ata as 17:00.
    HORARIOS
    Caption: : O ESTOXO E O CADERNO DE NOTAS.

Slide 6

    Non había recreo e a actividade extraescolar era o fútbol na rúa, porque case non había coches. A escola non tiña baño e entón tiñan que ir fóra a unha casa abandonada, dicindo: "¿Puedo ir a la pieza?". Un xogo moi popular era o tirapedras e todos os nenos tiñan un. Tamén xogaban ás bolas, ás chapas......... Na escola, sen que os vise a mestra xogaban coa pizarra a adiviñar números. 
    ACTIVIDADES E XOGOS

Slide 7

    O meu avó opina que os castigos eran máis duros no seu tempo e que agora se usa maís a tecnoloxía.  Pensa que todo evolucionou para mellor e non bota nada de menos: nin os castigos de rodillas, tirar polas orellas,  as bofetadas, nin as divisións longas, nin a pizarra e o pizarrillo das contas, nin estudar todo de memoria, nin escribir no caderno con pluma e tinta borrón incluído, nin o frío na aula.
    O MEU AVÓ PENSA.................

Slide 8

    A MIÑA OPINIÓN
    Pareceume moi interesante  comparar a educación de dúas xeneracións separadas por máis  de cincuenta anos, nas cales hai moitas diferencias. Algunhas cousas fixéronme gracia e outras non tanta. Gustoume saber en comparación co pasado as vantaxes actuáis e que agora hai máis recursos coma a tecnoloxía  e máis sorte porque xa non hai castigos físicos. A partir de agora vou valorar máis a educación que temos hoxe en día.
Show full summary Hide full summary

Similar

Causes of the Cold War Quiz
Fro Ninja
Spanish: Talking About Everyday Things
Niat Habtemariam
English Language Terms
ekimlauretta
FCE Practice Fill In The Blank
Christine Sang
Realidad De Nuestra Identidad Cultural
53831
Edexcel Additional Science Biology Topic 1
hchen8nrd
GCSE Maths Symbols, Equations & Formulae
livvy_hurrell
Haemoglobin
Elena Cade
GCSE Maths: Algebra & Number Quiz
Andrea Leyden
AN ECONOMIC OVERVIEW OF IRELAND AND THE WORLD 2015/16
John O'Driscoll
2PR101 1. test - 5. část
Nikola Truong