A imaxe na que se nos mostra esta esfinxe nos amosa un alzado da mesma. Esta construción é unha obra civil na que se aproveitou un montículo de masa rochosa abandonada polos canteiros, e sobre a que aplicaron unha capa de xeso e posteriormente construíron o que sería a cabeza do faraón Kefrén. Ademais disto, o que soporta o peso desta son as rocas situadas debaixo e ao seu redor, de forma que só sobresae a cabeza..
En comparación coas grandes pirámides non era unha construción grande, pero conservaba a idea de non perturbar a imaxe do deserto.
Para a creación de dita obra no foi preciso traer grandes cantidades de materiais dado que se aproveitou a masa rochosa alí abandonada e so foi preciso construír a cabeza. Aínda así dispoñían do Nilo para transportar todos os materiais precisos.