Entrada tropas napoleónicas en 1808
Exilio do Rei de España (Fernando VII)
Organización do poder político en xuntas
Galicia divídese en 4 provincias en 1822: Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
Reforma agraria liberal
A emigración aumenta entre 1860 e 1877
En 1808 as tropas do emperador francés Napoleón Bonaparte entran en España dicíndolle ao rei nese momento que querían conquistar Portugal. O rei accedeu, convencido de que conquistarían ao país veciño pero... non foi así.
Napoleón e os seus homes comezaron a tomar o control militar de cidades coma Barcelona ou Pamplona, polo que o rei Fernando VII levouse unha grata sorpresa. O 2 de maio dese mesmo ano, Napoleón toma Madrid e Fernando VII fuxe de España.
As galegas e os galegos levantáronse en A Coruña o 30 de maio de 1808 contra o goberno francés e a partir de aí, creáronse varias xuntas locais.
No ano 1809 créase SARGADELOS, cando un emprendedor ilustrado famoso en Europa, Antonio Raimundo Ibáñez, decide instalar unha factoría para a fabricación da loza ao estilo inglés no valle de Sargadelos.
Antonio Raimundo Ibáñez, ou tamén chamado o Marqués de Sargadelos, morre pouco despois asasinado cerca da súa casa, pero deixa en Galicia o xermolo do que sería un dos grandes proxectos culturais da nosa historia.