A nosa Unidade Didáctica xirará en torno ao tema 5, que trata varios aspectos sobre:
- A situación socio económica acontecida durante o último terzo do século XIX e as primeiras décadas do século XX en Galicia.
- Tamen se tratan diversos aspectos como as innovacións, técnicas (e melloras das mesmas), o crecemento de determinados sectores... que acabaron orixinando unha urbanización, innovación e modernización do medio rural galego.
Todas as actividades están dirixidas a unha clase de 4º de Educación Primaria. Esta clase está conformada por 18 alumnos/as.
Neste blog poden atopar diferentes conceptos da Unidade Didáctica coma: os obxectivos, a metodoloxía que seguirán, a temporalización e o máis importante que é o curso onde terá todas as tarefas para traballar a unidade 5.