Sahara

Description

Flashcards on Sahara, created by i p on 25/11/2014.
i p
Flashcards by i p, updated more than 1 year ago
i p
Created by i p almost 10 years ago
313
0

Resource summary

Question Answer
LALIA CPI Viaño Pequeno - 2ºESO As mellores frases...
"Volveremos ao noso país, seguro, di a miña nai, e a miña nai nunca di mentiras". Escollina porque a nai, aínda estando nas condicións nas que están, dálle ánimos aos seus fillos e confía en que poderán volver. (Lucas)
"Meu avó di que os camelos saben ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas sorrín cando a cabeza dun camelo as mira". "É bonita porque é poética e ademais dá un sentimento diferente ás demais frases. Nestas palabras vese a esperanza de Lalia para volver ao seu país. (Martín)
"O mar parécese ao deserto e o deserto parécese ao mar. Porque os dous son enormes: o mar e o deserto". Estes dous sitios son tranquilos pero tamén poden ser moi malos, se hai un tsunami na auga xa son malos e os deserto polos aires malos que levantan moita area e morre moita xente. (Samuel V.)
"O patio non ten palmeiras nin ventás con flores, pero se pechas os ollos podes oír o mar e ver o que queiras". Segue tendo esperanza de ver o seu país natal e ver o mar e saca forzas de onde pode para seguir adiante xunto coa súa familia. Transmite esperanza e alegría. (Iago)
"Anestesia? que palabra tan rara!" Chamoume a atención porque non sabía o que era e ao seu irmán facíalle falta para operalo. O seu soño era volver ao seu país, que operasen ao irmán coa anestesia. (Antía)
"Meu avó di que o camelo sabe ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas sorrín cando a cabeza dun camelo as mira". (Nando)
"Un suave, outro amargo e outro doce, coma o amor, coma a vida e coma a morte". Chamoume a atención pola forma: o amor era suave; a vida, doce e a morte, amarga. Representouno cos tés que fixo a súa nai. (A. Brea)
"Este é o deserto máis triste de todos, lonxe do mar e ás veces, se non cantamos, se miña nai non nos conta historias, encóllenseche os dedos e éntranche gañas de chorar". Se no deserto non estás distraído con algo, estás triste. Di que o deserto é un inferno e sobre todo o do Sahara, que é o peor. (Marcos)
"Os camelos e as camelas teñen cara de avó ou de mestra". "Parece que nos quere dicir que os camelos e camelas son moi intelixentes e sempre saben o que teñen que facer correctamente" (Laura)
"Nunca vin o meu país, miña nai di que os ollos que miran non son os ollos de ver. Os ollos de ver están no corazón". Ten razón, cos ollos só podes mirar as cousas do teu redor, mentres cos ollos do corazón podes ver todo o que imaxines. (S. Deus)
"Meu avó di que o camelo sabe ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas sorrín cando a cabeza dun camelo as mira". É moi bonita, expresa un sentimento. (Nerea Portos)
"A lúa, logo de facer chiscadelas co mar, que empeza a brillar coa cor dos ollos que choran ou dos labios que rin". É moi profunda e fermosa. Ten unha forma moi fermosa de dicir o que fai a lúa preto do mar. Ten moita imaxinación, é moi sensible e profunda. Sen dúbida, encántame a frase. (Irene)
"Os homes pasean de a dous ou tres, porque normalmente as persoas andan en dez ou sós". Damián
"É a máis lista de todas as avoas". Estalle dicindo un sentimento de agarimo e esas frases gústanme moito a min. (Álex)
"Meu avó di que o camelo sabe ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas rin cando a cabeza dun camelo as mira". Non me esperaba que fora dicir iso pero sería impresionante que fora certo. (David)
Show full summary Hide full summary

Similar

Tema 2: Revoluciones liberales y movimientos nacionalistas en Europa
Joaquín Ruiz Abellán
Guión tema 2: La Revolución Industrial
Víctor Molinero
La Ley de la Gravedad
maya velasquez
oración compuesta
eduardo vazquez
Esquema Del Feudalismo
irismateos
Sociales
David Andrino
tema 6 : ELECTRÓNICA
alejandrauscola
Esquema Análisis Sintáctico
Elsa Fernandez
Relaciones intraespecíficas
Pedro Luis Ballarin
Reproducción de las plantas: Polinización y Fertilización
D. D.
TEST - LUCES DE BOHEMIA
Iñaki Cabezas Landa