O son prodúcese pola vibración dunha columna
de aire no interior do tubo do instrumento
A altura do son depende da lonxitude da
columna de aire e do grosor do tubo
Maior lonxitude e grosor = máis grave
Menor lonxitude e grosor = máis agudo
Posúen mecanismos que permiten modificar a lonxitude do tubo e polo tanto a súa afinación
Aerófonos de Vento-Madeira
Os tubos presentan unha serie de buratos que o
instrumentista tapa cos dedos ou coas chaves, que
permiten pechar os buratos de difícil alcance
Aerófonos con bisel
O aire vibra ao romper no corte
do bisel, producindo así o son
Frauta doce ou de pico
Ao soprar pola embocadura, o aire vibra no bisel que ten un dos lados
cortado, formando algo parecido a unha coitela, e prodúcese o son
Para conseguir diferentes alturas de son, tápanse ou déixanse
libres os buratos que hai na frauta, todos frontais agás un posterior
Frauta traveseira
É o máis áxil e lixeiro dos instrumentos de vento
Con frecuencia asume o papel solista nas orquestras
Comparte a súa orixe coa frauta de pico
Aparece en Occidente na Alta I.Media, aproximadamente
no s.XII. A partir do s.XVIII desprazou á frauta de pico nas
orquestras e nas agrupacións de cámara
Aerófonos con lingüeta simple
O son prodúcese grazas a unha cana simple e
flexible que vibra pola acción do sopro
Aerófonos con lingüeta dobre
O son prodúcese pola vibración de 2 lingüetas ou canas