Created by Amalia López
almost 9 years ago
|
||
A BOLBORETA AMARELA
POUSÁBASE ENCOL DAS FLORES;
AQUELA PRIMAVEIRIÑA
ENFEITIZADA DE AMORES.
A BOLBORETA AMARELA
DANZABA CON MOITO XEITO;
AQUELA PRIMAVEIRIÑA
TIÑA UN SEGREDO NO PEITO.
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR
CAMIÑO DE IDA
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS SOÑOS,
SEREI CAPITÁN.
SOA A MÚSICA DO VENTO
EMPEZA O GRILO A CANTAR
DE PRIMEIRO FA DO RE
DE SEGUNDO LA SOL MI
E NO AIRE SÓ SE ESCOITA
A CANCIÓN DO GRI GRI GRI.
Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
O cuco, cuco cuqueiro
O cuco, cuco cucón:
Madrugón e cantareiro!
Cantareito e madrugón!
Óese pola carballeira
o vello cuco souril
ao nacer en Primaveira
entre o Marzo e o Abril:
Un repoludo gaiteiro,
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
antre os mozos o pirmeiro
e nas siudades sin par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña:
ás nenas hei de engañar