O TIL DIACRÍTICO EMPRÉGASE PARA DIFERENCIAR DOUS PARES DE PALABRAS QUE SE ESCRIBEN IGUAL PERO QUE TEÑEN DISTINTO SIGNIFICADO.
Slide 2
PALABRAS A TRABALLAR
ÓSO ( peza do esqueleto): Rompín un óso onte na rúa.
PÓLA (parte da árbore): Esa árbore ten unha póla rota.
OSO ( animal): Nunca puiden ver ao oso polar.
POLA (contración por + a; galiña):
- Fun pola rúa coa miña nai.
- Recolle os ovos que puxo esa pola.
Slide 3
PRÉSA (Urxencia, apuro):
- Ola, vou con présa ao súper.
NÓ (atadura):
- Fai o nó nos zapatos que vas caer.
NÓS (pronome):
- Ese cadro pintámolo nós.
PRESA (puñado; encoro)
- Comín unha presa de caramelos.
- Fun á presa de Belesar.
NO (en+ o):
- Deixei o regalo no centro da mesa.
NOS (en+os):
- Onte houbo moita xente nos parques.
Slide 4
É (Do verbo ser):
-É tan alto coma min.
FÓRA (Adverbio):
- Vaite fóra da clase.
MÁIS (adv. de cantidade):
- Gustoume máis esa peli.
- Seis máis seis, doce.
E (conxunción. Castelán "y"):
- Xoán e Marta son noivos.
FORA (verbo ser e ir):
- Fora cal fora a razón, gustoume.
- Se non foras así, non serías ti.
MAIS (Conxunción "pero"):
- Fíxoo mais non quería.
Slide 5
PÓR (V.poñer): Vou pór a mesa para xantar.
VÉN (v. vir): Manu vén comigo ao cine esta tarde.
VÉS (v. vir): Se vés connosco terás un agasallo.
VÓS (pronome tónico): Sodes vós os amigos de Héctor?
POR(prep): Fago as cousas por ti.
VEN (v. ver): Eles non ven ben dende aí.
VES (v. ver): E ti ves ben?
VOS (pronome átono): Non vos quero estropear a festa.
Slide 6
Á (contración a+a): Vou á casa dos meus avós.
ÁS ("alas"; contración a+as):
- Ese paxaro perdeu as ás.
- Quedamos ás 5.
Ó (contr. a+o): Vou ó hotel axiña.
ÓS ( contr. a +os): Vou marchar ós poucos minutos.
A (artigo): A casa está lonxe.
AS (artigo): As amigas están para todo.
O (artigo): O reloxo non anda ben.
OS (artigo): Os amigos dos meus amigos, meus amigos son.