Unidade 6: transición Público

Unidade 6: transición

Arcoiris davella
Curso por Arcoiris davella, actualizado hace más de 1 año Colaboradores

Descripción

Grupo B3.4 Selva Ucha Rodríguez Ainara Vicente Vázquez Sofía Vilariño Amado Pablo Vilela Quintela

Información de los módulos

Sin etiquetas

Elemento multimedia

Contexto

Nesta proposta didáctica traballaremos coas seguintes competencias establecidas no Decreto 105/2014, polo cal se determina o currículum de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia: Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)  Competencia dixital (CD)  Aprender a aprender (CAA)
Mostrar menos
Sin etiquetas

Elemento multimedia

Contexto

Os obxectivos que se pretenden alcanzar nesta proposta didáctica son: Comprender os acontecementos históricos ocurridos durante a época de transición en Galicia. Aprender de forma interactiva os contidos sobre a Transición española en Galiza.  Empregar correctamente todas as ferramentas dixitais requeridas. Traballar cooperativamente entre todo o grupo. Estudar de forma autónoma os contidos a tratar.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Elemento multimedia

Contexto

O método de ensinanza que aplicaremos será a aprendizaxe cooperativa, esta é unha metodoloxía baseada na construcción colectiva do coñecemento, o alumnado é responsable da súa aprendizaxe, pero tamén é fundamental para o dos seus compañeiros. Organízase en pequenos grupos, de 5 persoas, e o éxito conséguese unha vez que todo o alumnado alcanza os obxectivos marcados.  Por outro lado, o estilo de ensinanza que se aplicará será tradicional, concretamente de asignación de tarefas. Este estilo permite ao alumnado traballar con máis autonomía en relación ao docente; isto débese a que o profesor/a solamente leva a cabo a explicación inicial das tarefas a realizar e o alumnado leva a cabo a realización das actividad segundo o seu propio ritmo de execución.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Elemento multimedia

Contexto

Esta proposta didáctica, realizada na materia de Ciencias Sociais, levarase a cabo durante dúas sesións convencionais consecutivas de, aproximadamente 50 min. ou máis, é dicir, aproximadamente 2 horas. Cabe destacar que ditas clases realizaranse de forma consecutiva co obxectivo de traballar todos os contidos a tratar, neste caso sobre a Transición española no ámbito galego,  de forma global e responder ás posibles cuestións que poidan emerxer nun mesmo día.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Elemento multimedia

Contexto

Para levar a cabo a avaliación propoñemos un test, co fin de coñecer si o alumnado alcanzou os coñecementos necesarios sobre esta temática. Ademáis, mediante a observación directa avaliaremos aspectos relacionados co traballo colaborativo.
Mostrar menos
Sin etiquetas

Contexto

¡¡¡¡¡Hola chic@s!!!!! Na clase de hoxe vamos a traballar a transición en España. Antes de comezar coa explicación e as actividades super divertidas, deixo aquí este vídeo para que vexades nun momento, xa que os axudará a comprender que tema vamos a traballar.
Mostrar menos
Mostrar resumen completo Ocultar resumen completo