UNIDADE DIDÁCTICA. TEMA 5 Público

UNIDADE DIDÁCTICA. TEMA 5

Tema5 Unidad Didactica
Curso por Tema5 Unidad Didactica, actualizado hace más de 1 año Colaboradores

Descripción

GRUPO: Ana, Ángel, Íbero, Andrea

Información de los módulos

Sin etiquetas
A nosa Unidade Didáctica xirará en torno ao tema 5, que trata varios aspectos sobre: - A situación socio económica acontecida durante o último terzo do século XIX e as primeiras décadas do século XX en Galicia.  - Tamen se tratan diversos aspectos como as innovacións, técnicas (e melloras das mesmas), o crecemento de determinados sectores... que acabaron orixinando unha urbanización, innovación e modernización do medio rural galego.  Todas as actividades están dirixidas a unha clase de 4º de Educación Primaria. Esta clase está conformada por 18 alumnos/as.  Neste  blog poden atopar diferentes conceptos da Unidade Didáctica coma: os obxectivos, a metodoloxía que seguirán, a temporalización e o máis importante que é o curso onde terá todas as tarefas para traballar a unidade 5.
Mostrar menos

Descripción

Competencias transversales curriculares
Sin etiquetas
As competencias que se traballan son as seguintes:  Comunicación lingüística (CCL)  Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)  Competencia dixital (CD)  Aprender a aprender (CAA)  Competencias sociais e cívicas (CSC)  Sentido de iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE)  Conciencia e expresións culturais (CCEC)
Mostrar menos

Descripción

Obxectivos da unidade didáctica
Sin etiquetas
Os obxectivos que se se buscan con esta unidade didáctica son:  Desenvolver aptitudes para incrementar o uso das Tics.  Comprender o contexto social, cultural e económico de Galicia entre finais do S.XIX e principios do S.XX.  Desarrollo de competencias científicas: búsqueda de información, selección, síntese e elaboración de esquemas.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Os contidos que se traballarán serán os seguintes:  B1.2.Busca e selección de información empregando as TIC e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise, documentación do proceso (mediante uso do cartafoles) e comunicación das conclusións.  B2.18.A intervención humana no medio.  B3.8.Demografía e poboación.  B4.7.Noso patrimonio histórico e cultural.  B5.11. Importantes descubrimentos e inventos.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Para a realización de esta unidade didáctica combinaranse diferentes metodoloxías:   Clase maxistral – Durante a primeira sesión o profesor ou profesora será o protagonista do proceso de ensino-aprendizaxe, realizando unha explicación do temario e resolvendo todo tipo de dúbidas que poidan xurdir.  Aprendizaxe cooperativo - No desenvolvemento da segunda sesión o alumnado repartirase en grupos hetereoxéneos de 3 ou 4 integrantes. Eles mesmos serán os protagonistas do proceso de ensino-aprendizaxe, elexindo os distintos contidos que deberán seleccionar para a realización do mapa conceptual. Desta maneira os estudantes que máis coñecementos teñan apoiarán aos que posúen menos, de maneira que todos traballen os contidos. Traballo individual - Tanto a segunda tarefa como a proba de avaliación se levarán a cabo individualmente. Os nenos e nenas deberán de realizar as distintas fichas virtuais demostrando os coñecementos que posúen do temario, sendo eles os protagonistas, o profesor será un guía.
Mostrar menos
Sin etiquetas
Para a realización de esta unidade didáctica o alumnado deberá distribuirse en grupos heteroxéneos de 3 ou 4 persoas para que de este xeito poidan desenvolver a primeira tarefa, que é a creación dun mapa conceptual do tema 5 de Galicia. A segunda tarefa realizarana de maneira individual, en primeiro lugar deberán de responder as fichas virtuais plantexadas polo profesor. En segundo lugar deberán elaborar eles mesmos unhas. Por último deberán de responder de forma aleatoria as fichas dos compañeiros.
Mostrar menos
Sin etiquetas
A unidade didáctica estará dividida en 4 sesións.  Durante a primeira sesión realizarese unha clase maxistral coa que se traballaran os contidos do tema e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir.Para apoiar esta sesión creamos  unha presentación na que poden ver a teoría do tema de maneira máis sintetizada e práctica. Na segunda sesión os alumnos e alumnas realizarán un mapa conceptual dos contidos traballados na anterior sesión. Deberán de repartirse en grupos heteroxéneos de 3 ou catro integrantes. Na terceira sesión o nenos e nenas traballarán de forma individual. Resolverán unhas fichas virtuais creadas polo profesor ou profesora, despois deberán elaborar unhas eles e elas mesmas e, por último, deberán de resolver as dos outros compañeiros e compañeiras. Para rematar a unidade, na última sesión, os estudantes realizarán unha proba individual na plataforma Goconqr (igual que o resto de tarefas)
Mostrar menos
Mostrar resumen completo Ocultar resumen completo