A miña avoa estudou nun colexio privado de monxas, no seu pobo en Melide.
Como estaba lonxe da súa casa, era o seu avó quen a levaba o colexio.
Era un colexio feminino. Estaban distribuídas en aulas por idades.
Sempre vestían con uniforme e dentro da clase poñían un mandilón.
Tiña uns mestres moi esixentes que castigaban moito.
Todo o ensino era en castelán.
As asignaturas eran: Formación Relixiosa, Lingua Castelá, Literatura Castelá, Matemáticas, Xeografía, Historia, Formación Política, Educación Física, Labores del Hogar e Debuxo.
ASIGNATURAS
Diapositiva 3
Tiñan mesas e sillas individuais, agás os máis pequenos que estaban xuntos en mesas alongadas.
Usaban libretas, lápices e plumas.
En vez de mochila levaban un maletín de madeira.
Ás oito da mañá tiñan que ir a misa e as clases comenzaban ás nove e media ata a una e pola tarde das tres ata as cinco.
Despois volvían á capela a rezar o Rosario. E ao acabar, recreo e merenda.
Xogaban á corda, ó brilé, a pillar e ao escondite.
As excursións eran a pé a lugares preto do pobo.
Pie de foto: : NO COLEXIO A MIÑA AVOA TERESA E A MIÑA AVOA CELSA NUNHA EXCURSIÓN.
Diapositiva 5
Agora os rapaces teñen máis liberdade para expresar as súas opinións, teñen máis recursos, mellores aulas con calefacción, ordenadores....
Non teñen tantos castigos.
Sente nostalxía daqueles tempos, da nenez, dalgúns profesores e tamén das amigas que tiña.