A atmosfera é a capa formada por todos os gases que envolven a Terra. Para estudala utlizamos as seguintes magnitudes:
Temperatura: É o grao de calor ou frio dependendo da radiación solar. Mídese co termómetro
Presión atmosférica: Mide o peso dos gases da atmosfera , cada vez que ascendemos a presión atmosférica é menor. Mídese co barómetro.
Humidade: É a cantidade de vapor de auga que hai no ambiente, que procede da evaporación dos mares, lagos..., e os ambientes mais húmidos atópanse nos lugares ,mais cálidos. Mídese co higrómetro
Velocidade e dirección: Estas magnitudes caracterizan o aire en movemento, e a dirección , dí a procedencia do aire. A velocidade mídese co anemómetro e a dirección co cataventos.
A atmosfera , ten diversos gases e cada gas distintas propiedades os mais importantes son:
Nitróxeno: 78 % da atmosfera ( 2 átomos de N) (N 2)
Osíxeno: 21% da atmosfera ( 2 átomos de O) (O2) É necesario para respirar.
Argón: 0,9% da atmosfera
Dióxido de carbono: 0,03% da atmosfera (2 átomos de O e 1 de C ) (CO2) Necesítano as plantas para facer a fotosíntese,é un residuo da respiración e das reaccións combustibles (retén a calor)
Ozono: (O3) É minoritario, pero moi importante xa que protexe das radiación do Sol.
Vapor de auga
Partículas sólidas e líquidas: No aire atópanse, tanto sólidas coma líquidas
OS GASES DA ATMOSFERA.
Diapositiva 5
TEMPO ATMOSFÉRICO E CLIMA
O tempo atmosférico é o esta do da atmosfera nun momento e lugar determinadosO clima é o conxunto de valores medios atmosfericos que caracterizan unha zona.Os factores do clima son:
LATITUDE: Canto mais preto do ecuador , máis calor recibiremos
ALTITUDE: Canto mais ascendemos, as temperaturas serán inferiores
DISTANCIA RESPECTO AO MAR: O mar suaviza as temperaturas , grazas a que retén a calor do verán e despréndea no inverno e viceversa.