Creado por Ana Martínez
hace casi 4 años
|
||
Pregunta | Respuesta |
QUE SON AS CARGAS ELÉCTRICAS? | SON UNHA PROPIEDADE DA MATERIA COMO A MASA E O VOLUME |
QUE TIPOS DE CARGAS HAI? | CARGAS POSITIVAS E CARGAS NEGATIVAS |
UN CORPO ESTÁ CARGADO POSITIVAMENTE CANDO ... | TEN MÁIS CARGAS POSITIVAS CA NEGATIVAS |
UN CORPO ESTÁ CARGADO NEGATIVAMENTE CANDO ... | TEN MÁIS CARGAS NEGATIVAS CA POSITIVAS |
UN CORPO É NEUTRO CANDO ... | TEN O MESMO NÚMERO DE CARGAS POSITIVAS CA NEGATIVAS |
QUE É A CORRENTE ELÉCTRICA? | É O MOVEMENTO DAS CARGAS A TRAVÉS DUN MATERIAL |
QUE SON MATERIAIS CONDUTORES? | SON OS QUE PERMITEN O PASO DA CORRENTE ELÉCTRICA |
EXEMPLOS DE MATERIAIS CONDUTORES | TODOS OS METAIS: FERRO, OURO, ALUMINIO, PRATA,... E TAMÉN A AUGA SALGADA E O GRAFITO |
QUE SON MATERIAIS ILLANTES? | SON OS QUE NON PERMITEN O PASO DA CORRENTE ELÉCTRICA |
EXEMPLOS DE MATERIAIS ILLANTES | MADEIRA, GOMA, CAUCHO, PLÁSTICO, VIDRO, CERÁMICA,... |
QUE É O MAGNETISMO? | O MAGNETISMO É UNHA PROPIEDADE QUE TEÑEN ALGÚNS MATERIAIS CHAMADOS IMÁNS PARA ATRAER A OUTROS MATERIAIS |
CARACTERÍSTICAS DUN IMÁN | TODOS OS IMÁNS TEÑEN DOUS POLOS: POLO NORTE E POLO SUR. POLOS IGUAIS, REPÉLENSE E POLOS DISTINTOS, ATRÁENSE. |
POR QUE DICIMOS QUE A TERRA ACTÚA COMO UN GRAN IMÁN? | PORQUE O SEU NÚCLEO ESTÁ FORMADO PRINCIPALMENTE POR FERRO E NÍQUEL QUE SON DOUS METAIS CON PROPIEDADES MAGNÉTICAS. |
QUE É UN COMPÁS? | É UNHA AGULLA IMANTADA MONTADA SOBRE UN EIXE PARA QUE LLE PERMITA XIRAR |
PARA QUE SERVE UN COMPÁS? | UN COMPÁS SERVE PARA ORIENTARNOS PORQUE SEMPRE SINALA O NORTE. |
QUE É O ELECTROMAGNETISMO? | É A RELACIÓN ENTRE A ELECTRICIDADE É O MAGNETISMO |
QUE É UN ELECTROIMÁN? | UN ELECTROIMÁN É UNHA BARRA DE FERRO ARREDOR DA CAL SE ENROLA UN CABLE CONDUTOR. CANDO PASA A CORRENTE POLO CABLE, A BARRA CONVÉRTESE NUN IMÁN. |
QUE EFECTOS PRODUCE A CORRENTE ELÉCTRICA NUN TORRADOR, NUNHA TELEVISIÓN, NUN SECADOR, NUN ALTOFALANTE E NUNHA BATERÍA? | TORRADOR - ENERXÍA CALORÍFICA TELEVISIÓN - ENERXÍA LUMINOSA SECADOR - ENERXÍA MECÁNICA ALTOFALANTE - ENERXÍA SONORA BATERÍA - ENERXÍA QUÍMICA |
QUE É UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO? | UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO É UN CONXUNTO DE COMPOÑENTES QUE UNIDOS PERMITEN XERAR, DISTRIBUÍR E APROVEITAR A CORRENTE ELÉCTRICA. |
COMPOÑENTES DUN CIRCUÍTO ELÉCTRICO | OS COMPOÑENTES SON: XERADOR, INTERRUPTOR, CABLES E RECEPTORES |
FUNCIÓN DOS XERADORES | OS XERADORES PRODUCEN A ELECTRICIDADE. PODEN SER PILAS, BATERIAS, PLACAS FOTOVOLTAICAS OU ALTERNADORES |
FUNCIÓN DOS CABLES | OS CABLES TRANSPORTAN A ELECTRICIDADE DESDE OS XERADORES ATA OS RECEPTORES. |
FUNCIÓN DOS RECEPTORES | OS RECEPTORES (BOMBILLAS, RADIADORES,...) TRANSFORMAN A ENERXÍA ELÉCTRICA QUE LLES CHEGA EN OUTROS TIPOS DE ENERXÍA: LUMINOSA, TÉRMICA, MECÁNICA, ... |
FUNCIÓN DOS INTERRUPTORES | OS INTERRUPTORES PERMITEN OU IMPIDEN O PASO DA CORRENTE ELÉCTRICA POR UN CABLE |
¿Quieres crear tus propias Fichas gratiscon GoConqr? Más información.