Creado por Kalandraka UDC
hace más de 2 años
|
||
Pregunta | Respuesta |
Antigo Réxime | Sistema económico e de goberno que se extende durante case toda a Idade Moderna, caracterizado polo sistema de foros e uns claros estamentos sociais, distinguindo entre privilexiados e non privilexiados, entre outras características |
Sociedade feudal | |
Nobres | Privilexiados da sociedade da época, posuidores dun título nobiliario e terreos, exentos de pagar impostos. Posuían vasalos que traballaban para eles e cobraban aos campesiños unha porcentaxe da colleita por traballar nas súas terras |
Clero | Representantes da Igrexa Católica, formaban parte da sociedade privilexiada. A Igrexa posuía gran cantidade de terreo, e tamén cobraba unha porcentaxe da colleita aos campesiños. A Igrexa é a máis perxudicada durante o paso do Antigo Réxime á sociedade liberal |
Campesiños | Forman parte da sociedade feudal non privilexiada e constitúen a maior parte da mesma. Traballaban as terras como principal método de sustento e daban unha porcentaxe da mesma ao señor feudal dono da terra |
Vasalos | Forman parte da sociedade feudal non privilexiada. Traballaban directamente para os nobles ou o clero, cos cales compartían unha relación de vasalaxe |
Fidalgos | Nobres sen título, e moitas veces sen demasiados recursos económicos a comparación cos nobres con este, pero non tiñan que pagar impostos e eran bastante recoñecidos |
Foros | Contratos que habilitaban o emprego dos terreos dos señores feudais por parte dos campesiños, a cambio de que estes entreguen ao nobre parte da colleita obtida |
Expropiación de terreo | Consiste no paso de terras, antes propiedade dun nobre ou da Igrexa, a mans do estado, onde estas eran postas a poxa, e adquiridas moitas veces polos denominados fidalgos, ou en réxime de mancomún. É a principal característica do cambio á sociedade liberal |
Réxime de mancomún | Terreos que posúen máis dun propietario, ou que poden ser empregados por varias persoas, sen estas posuír a súa propiedade |
Esperanza de vida | Media de anos de vida dunha poboación dun lugar e momento histórico determinados |
Natalidade | Número de nacementos acontecidos nun lugar e momento determinados |
Mortalidade | Número de defuncións que suceden nun lugar e momento determinados |
Mortalidade catastrófica | Elevado número de defuncións nun corto período de tempo, debido a situacións coma malas colleitas, plagas ou enfermidades |
Emigración | Fenómeno que se produce cando unha ou máis persoas abandoan o seu lugar ou país de nacemento e viaxan a outro, a maioría das veces para mellorar a súa calidade de vida |
Lenzos | Tecidos fabricados polos campesiños e campesiñas, como método económico alterno ao cultivo |
Xuntas | Principal organización política de España durante a invasión napoleónica e anos posteriores |
Revolución Francesa | Conflito social e político provocado polos enfrontamentos entre as persoas que defendían ao Antigo Réxime, e as que estaban en contra. Pronto este conflito saíu de Francia para acadar o resto de países |
Guerra da Independencia Española | Conflito bélico que abrangue dende o 1808 até o 1814, e que enfrontou a España, coa axuda do Reino Unido e Portugal, contra as tropas napoleónicas francesas. |
FINAL Xogo en Educa Play | Aquí tedes un enlace para facer un encrucillado con algúns dos conceptos que acabamos de repasar ENLACE: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/11649079-galicia_seculos_xviii_e_xix.html |
¿Quieres crear tus propias Fichas gratiscon GoConqr? Más información.