Para que as persoas que teñen
experiencia e/ou formación non oficial, a
través dun proceso de asesoramento e
avaliación, poidan obter unha
acreditación oficial, de ámbito estatal,
con efectos:
Profesionais: acceso e promoción no
emprego
Académicos: validación de
módulos da FP inicial e/ou da FP
para o emprego (desempregados
e ocupados).
Quen pode obter o
recoñecemento
Nacionalidade española,
residente comunitario ou
autorización de residencia
Experiencia laboral e/ou
formación relacionada coas
competencias que se queren
acreditar:
Experiencia laboral:
18 anos cumpridos, nas
unidades de competencia de
cualificacións de nivel I, e 20
anos para o nivel II e III.
Para Unidades de competencia de
nivel II e III, 3 anos, cun mínimo de
2.000 horas traballadas nos
últimos 10 anos.
Para unidades de competencia de
nivel I, 2 anos de experiencia
laboral e mínimo de 1.200 horas.
Formación:
nivel II e III, mínimo 300 horas
nos últimos 10 anos.
Para de nivel I, mínimo 200 horas
nos últimos dez anos.
Por unidades de competencia: a
duración establecida no módulo
formativo asociado a unidade de
competencia
Como obter o recoñecemento
É necesario inscribirse no procedemento de
recoñecemento da competencia profesional: Tras a
publicación da convocatoria no DOG e no BOE, as
persoas interesadas deberán presentar solicitude, no
prazo indicado, acompañada do seu currículo (modelo
europeo) e toda documentación xustificativa da súa
experiencia e/ou formación. Poderán presentar esta
documentación en calquera oficina de rexistro da
Xunta de Galicia, do Portelo Único ou por calquera das
formas previstas na Lei de procedemento
administrativo.
FASES
AVALIACIÓN
FIN: Comprobar a competencia
profesional das persoas.
COMO: A través de distintos
métodos e actividades de
avaliación, que poderán ser:
entrevistas profesionais,
simulacións, probas de
competencia, observación no
posto de traballo, etc.
A QUEN: Ás persoas que, tras o
asesoramento, decidan pasar á
fase de avaliación.
POR QUEN: Unha comisión de
avaliación, de polo menos 5
persoas, expertos profesionais ou
docentes na materia.
ONDE: Nos centros de
formación ou empresas que se
determinen.
RESULTADO: A comisión
comunicaralle a cada candidato
os resultados da avaliación
(competencia demostrada ou
non demostrada) e un plan de
formación.
ASESORAMENTO
FIN: Axudarlles ás persoas a
autoavaliar a súa competencia
e completar o seu historial
profesional e formativo.
COMO: Haberá unha reunión
grupal e entrevistas individuais.
A QUEN: Ás persoas que fosen
admitidas no procedemento.
POR QUEN: Un asesor, que será
un experto profesional ou docente
na materia.
ONDE: Nos centros que se
indicarán na convocatoria.
RESULTADO: O asesor
proporcionaralle a cada persoa
un informe orientativo e, de ser o
caso, un plan de formación.
ACREDITACIÓN
FIN: Recoñecer, mediante un
documento oficial, os
coñecementos e capacidades das
persoas
COMO : A Administración
expediralle a cada persoa unha
acreditación parcial acumulable
da/s unidade/s de competencia
superadas.
A QUEN: Ás persoas que obtiveron
avaliación positiva.
POR QUEN: Por parte das
consellerías de Traballo e
Benestar e de Educación e
Ordenación Universitaria.
RESULTADO: Acreditación das
unidades de competencia e
posibilidade de completar un
certificado de profesionalidade
e/ou un título de FP.
ONDE OBTER
INFORMACIÓN e
ORIENTACIÓN xeral sobre o
procedemento: fases,
requisitos, documentación,
calendarios, sedes, etc.
Nas oficinas de emprego do
Servizo Público de Emprego de
Galicia.
Nos centros integrados de
Formación Profesional e nos
centros de referencia nacional.
Nos centros propios da
Consellería de Traballo e
Benestar e nos centros públicos
de Formación Profesional da
Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
Na páxina web da Consellería de
Traballo e Benestar:
http://traballoebenestar.xunta.es
No Instituto Galego das
Cualificacións, tel.: 981 546 840