A materia

Descripción

holis
Elena GONZÁLEZ FIDALGO
Mapa Mental por Elena GONZÁLEZ FIDALGO, actualizado hace más de 1 año
Elena GONZÁLEZ FIDALGO
Creado por Elena GONZÁLEZ FIDALGO hace casi 3 años
3
0

Resumen del Recurso

A materia

Nota:

  • A materia é todo aquilo que ten masa e que ocupa un lugar no espazo. Ex. Mesa, caderno, bolígrafo, aire... é materia.Sentimentos, ledicia, malestar... non é materia
  1. Propiedades Xerais
    1. Masa

      Nota:

      • É a cantidade de materia que ten un corpo. Mídese en quilogramos (kg) ou en gramos (g). Mídese coa balanza.  Peso é a forza coa que a Terra atrae os obxectos. Mídese en newtons (N). Mídese co dinamómetro.P = m x g     Sendo g a forza da gravidade que na Terra é g = 9,8m/s2 aprox. 10 m/s2.Polo que unha persoa cunha masa de 40 kg ten un peso de 400 N
      1. Volume

        Nota:

        • É o espazo que ocupa un corpo. Podemos medir o volume de sólidos, líquidos e gases. O volume mídese en m3 (volume dun cubo de 1m de lado) e os seus submúltiplos dm3 e cm3 para os sólidos.Para líquidos e gases empregamos as medidas de capacidade: litros (l)1m3 = 1.000 l     1.000 cm3 = 1 l         1 l = 1.000 mlEmpregamos probetas ou recipientes graduados para saber o volume dun líquido.Sumerxindo un sólido nun líquido podemos saber o seu volume calculando a diferenza de nivel (principio de Arquímedes).O volume dun gas é o volume do recipiente que o contén.
      2. Propiedades especificas
        1. Densidade

          Nota:

          • É a relación entre a cantidade de materia dun corpo e o espazo que ocupa, é dicir, a relación entre masa e volume. Ex. 1 l de auga en estado líquido ten unha masa de 1 kg polo que a densidade da auga = 1 kg/l 1 l de ferro en estado sólido ten unha masa de 7,9 kg polo que dFe = 7,9 kg/l d= m/v
          1. Flotabilidade

            Nota:

            • É a capacidade que teñen os corpos de manterse na superficie dun líquido sen afundir. Depende da relación da densidade dun corpo e do líquido. *Principio de Arquímedes“ Un corpo total ou parcialmente mergullado nun fluído en repouso, recibe un empuxe de abaixo cara arriba igual ao peso do volume do fluído que desaloxa”.Ao introducir unha pedra na probeta como a súa densidade é maior afúndese. Como consecuencia aumenta o nivel da auga. 
            1. Historia

              Nota:

              • Contan que no século III a. C. o rei de Siracusa, Hierón II, lle expuso a Arquímedes o seguinte problema. un ourive fabricáralle ao rei unha coroa de ouro e este non estaba seguro de que empregase todo o lingote de ouro. Arquímedes, despois de moito pensar atopou a solución. Primeiro comprobou que o lingote e a coroa tiñan a mesma masa e despois fixo o seguinte: introduciu un lingote de ouro igual ao que o rei lle deu nunha probeta con auga e mediu o aumento do nivel da auga ao introducir o ouro. Despois fixo o mesmo coa coroa e deuse de conta de que o volume  desprazado era maior, o que demostraba que o ouro  da coroa fora mesturado con outro metal menos denso, xa que tiña un volume máis grande.
            2. Outras propiedades especificas
              1. Cor, olor, sabor

                Nota:

                • percibímolos polos sentidos.
                1. Dureza

                  Nota:

                  • Resistencia dun material a ser raiado por outro. Ex. Diamante o máis duro, xeso (2º máis brando), talco (o máis brando).
                  1. Fraxilidade

                    Nota:

                    • Incapacidade de soportar un golpe sen romper. Ex. Cristal, cerámica.
                    1. Elasticidade

                      Nota:

                      • Capacidade dun corpo de deformarse e de recuperar a súa forma orixinal. Ex. Goma, resorte.
                      1. Solubilidade

                        Nota:

                        • Capacidade dun material para disolverse nun medio líquido. Ex. Sal en auga, azucre en auga...
                        1. Condutividade eléctrica

                          Nota:

                          • Capacidade de transmitir electricidade. Ex. Cobre.
                          1. Condutividade térmica

                            Nota:

                            • Capacidade de transmitir calor. Ex. Metais bos condutores, madeira mal condutor.
                            1. Magnetismo

                              Nota:

                              • Capacidade que ten un corpo de verse atraído por outro. Ex. Imán ao ferro.
                          2. Estados da materia

                            Nota:

                            • A materia atópase na natureza en tres estados: sólido, líquido e gasoso.
                            1. Liquido

                              Nota:

                              • Presentan forma variable e volume constante. Adáptanse ao recipiente que os contén (fluidez). A viscosidade é a dificultade para que un líquido flúa.Se un líquido flúe con dificultade dicimos que é viscoso. Ex. O mel e o aceite son máis viscosos que a auga.
                              1. Solido

                                Nota:

                                • Presentan forma fixa e volume constante. Segundo a cantidade de forza que exercemos sobre un corpo sólido poden ser: Ríxidos: ao aplicar unha forza o corpo rompe. Ex. Cristal, cerámica... Elásticos: ao aplicar unha forza o corpo defórmase, pero recupera a forma inicial. Ex. algúns tecidos, goma... Plástico: ao aplicar unha forza o corpo defórmase e non recupera a súa forma inicial. Ex. Obxectos de plástico.
                                1. Gasoso

                                  Nota:

                                  • Presentan forma e volume variables. Os gases poden: Expandirse: en todas as direccións no interior do recipiente adoptando a súa forma. Ex. Inchar un globo (pode explotar). Comprimirse: reducindo o espazo que ocupan. Ex. Ao apertar un globo reducimos o seu espazo, pero non a cantidade de aire.
                                2. Cambios na materia

                                  Nota:

                                  • A materia non aparece inalterable, cambia pola acción da natureza e do ser humano.
                                  1. Cambios físicos

                                    Nota:

                                    • Non modifican a substancia, só o seu estado ou aspecto.  Exemplos: 1. Os cambios de estado da auga2. Cambios de temperatura 3. Cambios de forma (rocha tallada)4. Cambios de posición.
                                    1. Cambios químicos

                                      Nota:

                                      • Modifican a substancia, transformándoa noutra ou noutras diferentes. A materia non aparece inalterable, cambia pola acción da natureza e do ser humano.
                                      1. Reaccións químicas

                                        Nota:

                                        • As reaccións químicas son os procesos polos que teñen lugar os cambios químicos. Nelas os reactivos (substancias que reaccionan entre si) convértense en produtos (substancia final).
                                        1. Combustión

                                          Nota:

                                          • Reacción entre un material combustible e o osíxeno de modo que o combustible arde e desprende luz e calor. Ex. A madeira ao arder convertese en CO2 e cinzas. A gasolina transformase en gases.
                                          1. Oxidación

                                            Nota:

                                            • Proceso no que algunhas substancias en contacto co aire ou coa auga reaccionan co osíxeno e se oxidan. Ex. Oxidación dos metais: ferro en contacto co O2 do aire ou auga forma a ferruxe.
                                            1. Fermentación

                                              Nota:

                                              • Transformación dunhas substancias orgánicas noutras en ausencia de osíxeno. Ex. iogur, viño, pan, cervexa.
                                              1. Descomposición

                                                Nota:

                                                • Reacción mediante a cal a partires dunha substancia composta se orixinan substancias máis sinxelas. Ex. organismos microscópicos transforman restos de materia orgánica en sales minerais: compost.
                                          2. Clasificación da materia
                                              Mostrar resumen completo Ocultar resumen completo

                                              Similar

                                              ORIXE DOS ALIMENTOS
                                              Maria José Souto
                                              AS PLANTAS
                                              Laura Santos
                                              Naturais 5° Os animais
                                              marmad Daniel
                                              A ENERXIA
                                              Alberto Ojalvo
                                              NATURAIS: A ENERXIA 5º EP
                                              Alberto Ojalvo
                                              A enerxia Naturais
                                              Alberto Ojalvo
                                              Operadores Python
                                              Giovanni Sanhuez
                                              Les Participes Passés.
                                              ANTONIO JIMENEZ
                                              MAPA MENTAL UNIDAD 1 DIBUJO DE INGENIERIA
                                              Sergio Fernandez