Fragmento de igual duración
no que se divide unha obra
musical
Dividimos os fragmentos
mediante liñas divisorias
Ao final do fragmento colocamos
unha dobre barra
Os compases poden ser:
Compás de 2/4
Ten dous pulsos en cada compás
A figura que dura un pulso é a negra
Nota:
No compás de 2/4 polo tanto poden entrar:
1 branca, duas negras, catro corcheas ou oito semicorcheas, por exemplo.
Poderemos facer as combinacións que queiramos tanto de figuras como de silenzos sempre que sumen dous pulsos.
Ex: unha negra e duas corcheas
Compás de 3/4
Ten 3 pulsos en cada compás
A figura que dura un pulso é a negra
Nota:
No compás de 3/4 polo tanto poden entrar:
Unha branca con puntiño, tres negras, seis corcheas ou doce semicorcheas.
Poderemos facer as combinacións que queiramos sempre que sumen tres pulsos. Teremos en conta tamén os silenzos.
Ex: una negra, un silenzo de negra e dúas corcheas
Compás de 4/4
Ten catro pulsos en cada compás
A figura que dura un pulso é a negra
Nota:
Polo tanto nun compás de 4/4 poden entrar:
unha redonda, dúas brancas, catro negras, oito corcheas e dezaseis semicorcheas
Podemos facer as combinacións que queiramos de figuras sempre que sumen 4 pulsos e tendo en conta tamén os silenzos.
Ex: unha negra, dúas corcheas, catro semicorcheas e un silenzo de negra