Question | Answer |
LALIA
CPI Viaño Pequeno - 2ºESO
Image:
lalia (image/jpeg)
|
As mellores frases... |
"Volveremos ao noso país, seguro, di a miña nai, e a miña nai nunca di mentiras".
Image:
campo (image/jpeg)
|
Escollina porque a nai, aínda estando nas condicións nas que están, dálle ánimos aos seus fillos e confía en que poderán volver. (Lucas) |
"Meu avó di que os camelos saben ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas sorrín cando a cabeza dun camelo as mira". | "É bonita porque é poética e ademais dá un sentimento diferente ás demais frases. Nestas palabras vese a esperanza de Lalia para volver ao seu país. (Martín) |
"O mar parécese ao deserto e o deserto parécese ao mar. Porque os dous son enormes: o mar e o deserto".
Image:
deserto-mar (image/jpeg)
|
Estes dous sitios son tranquilos pero tamén poden ser moi malos, se hai un tsunami na auga xa son malos e os deserto polos aires malos que levantan moita area e morre moita xente. (Samuel V.) |
"O patio non ten palmeiras nin ventás con flores, pero se pechas os ollos podes oír o mar e ver o que queiras".
Image:
tinduf (image/jpeg)
|
Segue tendo esperanza de ver o seu país natal e ver o mar e saca forzas de onde pode para seguir adiante xunto coa súa familia. Transmite esperanza e alegría. (Iago) |
"Anestesia? que palabra tan rara!"
Image:
hospital (image/jpeg)
|
Chamoume a atención porque non sabía o que era e ao seu irmán facíalle falta para operalo. O seu soño era volver ao seu país, que operasen ao irmán coa anestesia. (Antía) |
"Meu avó di que o camelo sabe ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas sorrín cando a cabeza dun camelo as mira". | (Nando) |
"Un suave, outro amargo e outro doce, coma o amor, coma a vida e coma a morte".
Image:
te (image/jpeg)
|
Chamoume a atención pola forma: o amor era suave; a vida, doce e a morte, amarga. Representouno cos tés que fixo a súa nai. (A. Brea) |
"Este é o deserto máis triste de todos, lonxe do mar e ás veces, se non cantamos, se miña nai non nos conta historias, encóllenseche os dedos e éntranche gañas de chorar". | Se no deserto non estás distraído con algo, estás triste. Di que o deserto é un inferno e sobre todo o do Sahara, que é o peor. (Marcos) |
"Os camelos e as camelas teñen cara de avó ou de mestra".
Image:
camelo (image/jpeg)
|
"Parece que nos quere dicir que os camelos e camelas son moi intelixentes e sempre saben o que teñen que facer correctamente" (Laura) |
"Nunca vin o meu país, miña nai di que os ollos que miran non son os ollos de ver. Os ollos de ver están no corazón".
Image:
ollos (image/jpeg)
|
Ten razón, cos ollos só podes mirar as cousas do teu redor, mentres cos ollos do corazón podes ver todo o que imaxines. (S. Deus) |
"Meu avó di que o camelo sabe ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas sorrín cando a cabeza dun camelo as mira". | É moi bonita, expresa un sentimento. (Nerea Portos) |
"A lúa, logo de facer chiscadelas co mar, que empeza a brillar coa cor dos ollos que choran ou dos labios que rin". | É moi profunda e fermosa. Ten unha forma moi fermosa de dicir o que fai a lúa preto do mar. Ten moita imaxinación, é moi sensible e profunda. Sen dúbida, encántame a frase. (Irene) |
"Os homes pasean de a dous ou tres, porque normalmente as persoas andan en dez ou sós". |
Damián
Image:
paseo (image/jpeg)
|
"É a máis lista de todas as avoas".
Image:
avoa (image/jpeg)
|
Estalle dicindo un sentimento de agarimo e esas frases gústanme moito a min. (Álex) |
"Meu avó di que o camelo sabe ler as mensaxes do ceo e por iso as estrelas rin cando a cabeza dun camelo as mira". | Non me esperaba que fora dicir iso pero sería impresionante que fora certo. (David) |
Image:
lalia2 (image/jpeg)
|
Want to create your own Flashcards for free with GoConqr? Learn more.