Vocabulario Neolítico

Description

Vocabulario Tema 1 Neolítico: Economía depredadora, megalitismo, castro, guerras cántabras, bárbaros, conventus, aula regia.
Mery PM
Flashcards by Mery PM, updated more than 1 year ago
Mery PM
Created by Mery PM about 3 years ago
23
0

Resource summary

Question Answer
ECONOMÍA DEPREDADORA Modo de vida típico do Paleolítico baseado na caza-recolección. Estas actividades obrigaban a un constante nomadismo ao teren que desprazarse detrás do alimento. Esta itinerancia durará ata o Neolítico.
MEGALITISMO Expresión cultural que comprende una serie de construccións de finalidade relixiosa e funeraria realizadas con pedras de grandes dimensións a finais do Neolítico e durante a Idade de Cobre. Na P. Ibérica predominan o dolmen, o sepulcro de corredor e o tholos.
CASTRO Asentamento fortificado prerromano formado por vivendas de planta circular que adoitaba situarse no cumio dos outeiros ou nun promontorio que facilite a súa defensa e o control visual do territorio.Pertencen á Cultura Castrexa que aparece no noroeste penisular cara ao VIII a.C.
GUERRAS CÁNTABRAS Guerras de conquista que mantiveron as lexións romanas contra os pobos do noroeste peninsular para evitar as incursións que estes facían sobre as áreas agrícolas da Meseta. Esta fase da conquista da P. I. esténdese desde o 29 ata o 19 a.C. coa chegada do emperador Octavio Augusto para pacificar aos galaicos, astures e cántabros. Para controlar mellor estes pobos, fundáronse unha serie de núcleos, como León, onde estaba a Lexión VII romana.
BÁRBAROS Termo co que os romanos se referían aos pobos que vivían fóra das fronteiras do seu Imperio. A crise do s. III d.C. e a posterior chegada de pobos procedentes das estepas asiáticas favoreceron a penetración dos pobos do norte e do leste de Europa no mundo romano.
CONVENTUS Subdivisión territorial inferior á provincia que aparece co Imperio romano e ten finalidade xurídica. Eran as asambleas, presididas polo representante do gobernador da provincia, que estaban encargadas de administrar xustiza, recadar os impostos e xestionar o culto ao emperador.
AULA REGIA Institución creada en época visigoda (507-711) que facía as funcións dun consello real. Os seus membros pertencían á aristocracia e eran designados polo rei. Xurdiu para auxiliar ao rei nas tarefas do goberno, elaborar as leis e impartir xustiza. A monarquía visigoda tiña carácter electivo polo que mantiña unha dependencia moi intensa respecto das familias nobiliarias.
Show full summary Hide full summary

Similar

La Prehistoria y la Edad Media (bloque 1 y 2)
Daniela Rodríguez
Vocabulario Inglés (I y II) para la Selectividad
maya velasquez
Vocabulario Inglés - Tema 2
tanianicolasizqu
Consecuencias de la guerra civil
ignaciobll
Fichas de Inglés - Vocabulario Intermedio 2
maya velasquez
Conceptos básicos de Economía
María Eugenia Méndez Piamba
Test Primera Guerra Mundial
juanmadj
Los Reyes Católicos Fechas Clave
maya velasquez
Esquema de los Reyes Católicos♚♛
maya velasquez
Test sobre la Organización del Estado de Los Reyes Católicos
maya velasquez