Created by Alba Miranda Álvarez
over 2 years ago
|
||
Question | Answer |
Situa nunha liña do tempo as etapas da historia de Roma | Monarquía 753 a.C. - 509. a.C. República 509 a.C. - 27 a.C. Imperio 27 a.C. - 476 d.C. |
En que zona xurde a cidade de Roma? | Nos Sete Outeiros, nas beiras do río Tiber. |
Por que os romanos lle chamaron ao mar Mediterráneo, Mare Nostrum? Que significa? | Porque expandíronse por ese mar. Significa “o noso mar” |
Cal é a lenda da fundación de Roma? | Para evitar que foran asasinados polo rei, dous irmáns, Rómulo e Remo, foron abandonados no Tíber. Atopounos unha loba e amamantounos. Xa de adultos, fundan a cidade de Roma. Rómulo mata a Remo e queda como primer rei de Roma. |
Que significan as letras SPQR? Cal é a traducción? | Senatus Populusque Romanus. O Senado e o pobo de Roma |
Cales eran as institucións da República romana? | Comicios, Maxistraturas e Senado. |
Que eran os comicios? | Asembleas de cidadáns romanos para votar as leis e elixir os maxistrados |
Que son as maxistraturas? Cales eran os máis importantes? Por que? | Os distintos cargos de goberno. Os máis importantes eran os dous cónsules, que dirixían o goberno e o exército. |
Que outras maxistraturas había e que función tiñan? | Pretor- xustiza Edil- administración municipal Cuestor- finanzas Censor- elaboración do censo |
Que era o Senado? | A institución máis importante. Ratificaba as leis, dirixía a política exterior |
Define patricio | Minoría formada polas familias máis ricas e poderosas. |
Define plebeo | Campesiños, artesáns, comerciantes…Grupo máis numeroso |
Define escravo | Non eran considerados persoas, senón obxectos propiedade dos seus donos. Adoitaban ser prisioneiros de guerra ou fillos de escravos. |
Que nome recibe un escravo que consigue a liberdade? | Liberto |
Por quenes eran tuteladas as mulleres? | Primeiro polo seu pai e cando casaban polo seu home |
Quen podía elaborar leis,ser maxistrado ou senador no principio da República? | Os patricios |
Por que loitaban os plebleos na República? | Por ter os mesmos dereitos políticos que os patricios. |
Que era o tribuno da pleble? Que facía? | O representante dos plebeos. Defendía os intereses da peble no Senado. |
Que foi o Código das Doce Táboas e por que se fixo? | As leis de Roma reunidas co fin de evitar os abusos aos que eran sometidos os plebeos |
Que se conquista na primeira etapa da expansión romana? | A península itálica. |
Quen loitou nas guerras púnicas? Que permite a victoria romana? | Roma e Cartago. A victoria romana permitiulle expandirse polo Mediterráneo occidental |
Que se conquista na última etapa da expansión romana? | Grecia e o Mediterráneo oriental |
Que pasaba cos pobos que non se sometían á autoridade romana? | Recibían un duro castigo. As súas cidades eran arrasadas e os seus habitantes foron feitos prisioneiros e vendidos como escravos |
Por que se dividiu o Imperio en provincias? Quen mandaba nelas? | Para facilitar o goberno e a explotación dos recursos. Os gobernadores |
Resume as consecuencias económicas das conquistas | Proporcionaron grandes riquezas: terras, produtos das zonas conquistadas, botín de guerra, escravos e impostos |
Resume as consecuencias políticas das conquistas | O senado controlaba pouco ós gobernadores das provincias e estendeuse a corrupción nelas |
Resume as consecuencias sociais das conquistas | As riquezas quedaban en mans de uns poucos. Estas desigualdades levaron ao descontento social e a constantes revoltas |
Que comeza no século I a.C.? | Un período de corrupción, loitas e enfrontamentos internos na República. |
Por que houbo guerras civís na crise da república? | Porque algúns militares e homes poderosos enfrontáronse entre si para facerse co poder |
Quen foi Xulio César? | Un militar que foi proclamado ditador perpetuo e asumiu os máximos poderes no 48 a.C. Foi asasinado catro anos más tarde polos partidarios da república |
Que pasou con Octavio no ano 27 a.C.? | Recibiu amplos poderes do Senado e o título de Augusto "elixido polos deuses". Iniciou a etapa do imperio |
Define emperador | Acumulaba todos os poderes: presidía o Senado, era o xefe supremo do exército e o xefe relixioso, dirixía a política exterior, ditaba as leis e decidía os tributos |
Por que se formaron dinastías de emperadores? | Porque aínda que o cargo de emperador non era hereditario, o posto adoitaba herdarse dentro da mesma familia |
Cita tres emperadores | Augusto, Claudio, Vespasiano, Traxano, Marco Aurelio |
Define pax romana | Paz que se viviu nos séculos I e II e impulsou a prosperidade económica e cultural |
Define romanización. Da exemplos | Asimilación da cultura e da forma de vida romanas por outros pobos: latín, dereito romano, deuses, arte... |
No século III o imperio viviu unha crise. Explícaa a nivel: militar, político, económico e social | Militar: as fronteiras do Imperio foron atacadas por xermanos e persas Política: a autoridade do emperador debilítase Económica: o comercio diminuíu e os impostos aumentaron Social: o Imperio ruralizouse; abandónase a cidade e trasládanse ao campo |
Que pasou no ano 395 d.C? | Pra gobernar mellor o imperio, Teodosio dividiu o imperio entre os seus fillos: Arcadio e Honorio |
En que ano finaliza o Imperio romano de occidente? E a parte oriental? | 476 e 1453, respectivamente |
Define villa | Casa rural que constituía o centro dos latifundios |
Que recurso natural era propiedade do estado romano? | As minas de ouro e prata |
Por que viuse facilitado o comercio? | Pola existencia dunha mesma moeda e pola construción de calzadas e portos |
Que materiais moi resistentes empregaban os romanos na arquitectura? | Cemento e formigón |
Que elementos arquitectónicos incorporaron? | O arco de medio punto, a bóveda de canón e a cúpula |
Que significa que a arquitectura romana era práctica e monumental? | Que destinábase a satisfacer as necesidades da poboación á vez que eran moi grandes para demostrar o poder romano |
Fai unha relación dos tipos de edificios e a súa función | Táboa da páxina 240 |
Con que se elaboran os mosaicos? | Con pequenas pezas de cores chamadas teselas que se incrustaban sobre unha capa composta de distintas materiais, como o cemento |
Define augur | Sacerdote que procuraba adiviñar a vontade dos deuses |
En que consistían os sacrificios dos animais e para que se facían? | Os romanos analizaban as entrañas dos animais sacrificados para adiviñar o futuro |
Cando e onde nace Xesús segundo a Biblia? | En tempos do emperador Augusto, en Palestina. |
Cales son as catro ideas fundamentais do cristianismo? | · Hai só un Deus (monoteísmo) ·Todas as persoas son iguais · Debemos amarnos e perdoarnos · A vida eterna despois da morte como premio |
Que son as catacumbas? | Galerías subterráneas onde eran enterrados os cristiáns |
Por que foron perseguidos os cristiáns? | Porque se negaban a adorar o emperador |
Que fixo o emperador Teodosio no ano 380? | Declarou o cristianismo como a única relixión oficial do Imperio romano |
Want to create your own Flashcards for free with GoConqr? Learn more.