As palabras polisémicas son aquelas que teñen
máis de un significado e aparece como unha soa
entrada no dicionario e varias acepcións ou
significados.
Por exemplo:
Man s.f. 1. Parte do corpo humano stuada no extremo de
cada brazo. 2. Aptitude para facer algo ben. 3. Cada capa de
pintura que se aplica dunha vez. 4. Lado dereito ou esquerdo
dun sitio. 5. Gran cantidade de algo.
Palabras homónimas
Son as palabras que se escriben ou pronuncian igual pero teñen
distinto significado. Divídense en:
Homógrafas
Escríbense de forma idéntica pero teñen un significado distinto.
Exemplo: Peto ( paxaro) e peto ( recipiente no que se garda diñeiro)
Homófonas:
Son palabras que se prouncian igual pero se escriben diferente.