Unidade Didáctica Galicia Medieval Público

Unidade Didáctica Galicia Medieval

Grupo Reinvéntate
Curso por Grupo Reinvéntate, atualizado more than 1 year ago Colaboradores

Descrição

Unidade didáctica de Galicia durante a época medieval.

Informações do módulo

Sem etiquetas
UNIDADE DIDÁCTICA 2: GALICIA MEDIEVAL  Curso: 5º de Primaria Introdución: CANDELA Con esta unidade didáctica preténdese consolidar os coñecementos adquiridos previamente sobre a Galicia medieval, mediante unha serie de tarefas realizadas cos recursos da aplicación GoconQr, mesturando así as ciencias sociais coas TICs e resultando moito máis motivante para o alumnado de primaria.  Competencias: IRIA Nesta unidade didáctica o alumnado traballa as seguintes competencias: - Competencia dixital. - Competencia para a organización e interpretación da información. - Competencia para a selección da información. - Buscar,obter, procesar e comunicar coñecementos. - Uso de diferentes técnicas de estudo. Obxectivos: CANDELA Con esta unidade didáctica pretendemos conseguir os seguientes obxectivos: - Consolidar os coñecementos previamente adquiridos sobre Galicia na época medieval. - Entender e relacionar os conceptos referidos a Santiago na época. - Comprender o tipo de poboación e ordenación do territorio en Galicia durante a época medieval. - Adquirir coñecementos sobre a economía altomedieval galega. - Distinguir os grupos sociais da época altomedieval. - Comprender o funcionamento dos comitatus en Galicia. - Relacionar Galicia ca unión das coroas en Fernando III. - Saber qué son as parroquias - Entender a evolución demográfica e os cambios produtivos e económicos que isto implica na época. - Saber definir a nobreza laica durante a Galicia altomedieval. - Mellorar o uso das TICs coa sua utilización nas diferentes tarefas. Tarefas Tarefa 1: test "Galicia Medieval": deberán realizar un test online sobre o tema con diferentes preguntas, nas que nalgunhas hai varias opcións e tan só unha é a correcta; e noutras, terán que escoller entre verdadeiro e falso. Dispoñen de 30 segundos para cada pregunta e a orde das mesmas é aleatorio. CANDELA Tarefa 2: Fichas sobre a "Galicia Medieval". Esta actividade consta de 9 fichas que abordan diferentes cuestións sobre a historia de Galicia na época medieval. Cada unha das fichas contén a resposta na parte de atrás. NOELIA. Tarefa 3: Diagrama sobre "Galicia Medieval". Esta diagrama consta da información sobre a época mediaval,  móstrase de maneira visual e resumida  e o alumnado utilizará este recurso para ver a información que precisen para realizar nas diferentes actividadesl.  JUAN Tarefa 4: As "Diapositivas Galicia Medieval" explican as cousas mas importantes da galicia da epoca. Ao texto o acompañan imaxes para entender mellor o que estamos a explicar. ALEJANDRO Tarefa 5: O mapa mental da "Galicia Medieval", o cal deberán completar coa información correspondente en cada caso para conseguir así ter un mapa mental completo sobre cuestións da Galicia Medieval e axudar así á organización de ideas e información, e que sirva tamén a modo de resumo. IRIA Metodoloxía NOELIA Nesta unidade utilizaremos principalmente,  unha metodoloxía activa mediante o uso das TIC. Con isto, tratarase de aumentar a autonomía do estudante, fomentar a alfabetización dixital e facilitar a comprensión, entre outras. Ademais, tratarase dunha maneira interactiva o tema correspondente desta unidade didáctica. Agrupamento en pequenos grupos e tarefas individuais NOELIA As diferentes actividades propostas para o 5º curso de Primaria serán realizadas de maneira individual. Desta forma, tratarase de que cada alumno e alumna adquira todos os coñecementos posibles sobre a historia de Galicia na época medieval. Temporalización: JUAN Para a realización desta unidade didáctica necesitarasen 4 sesións. Na primeira sesión, explicaráselle a unidade didáctica e os diferentes contidos, as actividades faranse na segunda e terceira sesión e por último na última realizaremos a avaliación. Avaliación: ALEJANDRO As actividades que propuxemos nesta unidade didáctica son autoavaliables, é dicir, que unha vez terminadas a aplicación GoConqr amosa os resultados da actividade.  Ademais, o tutor ou tutora realizará unha avaliación observacional para axudarlles no proceso e detectar erros.
Mostrar menos