Criado por Ana Martínez
mais de 6 anos atrás
|
||
Questão | Responda |
1.- Cando se fundou a Comunidade Económica Europea? | En 1957 |
2.-Que países a fundaron? | Francia, Italia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos e Alemaña. |
3.- Que pasou en 1992? | Asinouse o Tratado de Maastricht polo que a CEE pasou a chamarse UE |
4.- Que é a U.E.? | É unha organización política e económica formada por 28 países. |
5.- Cal foi o último país en incorporarse? En que data? | A última incorporación foi Croacia no 2013 |
6.- Que quere dicir MERCADO ÚNICO? | Que os países da UE poden vender os seus produtos aos outros países da UE sen ter que pagar impostos ao pasar pola aduana. |
7.- Que requisitos son necesarios para formar parte da UE? | 1.- Ser un país democrático. 2.-Cumprir as leis da UE 3. Ser aceptado polo resto dos países. |
8.- Que é a EUROZONA? | Son os países que adoptaron o euro como moeda oficial. |
9.- En que ano entrou en circulación o euro? | O euro entrou en circulación no ano 2002 |
10.- Cómo é a bandeira da UE? | Son doce estrelas amarelas en círculo sobre un fondo azul. |
11.- Cal é o lema da UE? | O seu lema é UNIDA NA DIVERSIDADE. |
12.- De que compositor é o HIMNO da Unión Europea? | Beethoven. |
13.- Di o nome das cinco institucións da UE | Comisión Europea Parlamento Europeo Consello da Unión Europea Tribunal de Xustiza Tribunal de Contas |
14.- Quen forma o Tribunal de Xustiza? | Un xuíz de cada un dos países. |
15.- De que se encarga o Tribunal de Contas? | De vixiar que os fondos se utilicen de xeito correcto. |
16.- Que institución elabora as leis e os orzamentos? | A Comisión Europea |
17.- Que institución/s aproba/n as leis? | O Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea. |
18.- Quen forma parte da Comisión Europea? | Os comisarios |
19.- Que institución está formada por eurodeputados? | O Parlamento Europeo |
20.- Que institución vixía que se cumpran as leis da U.E.? | O Tribunal de Xustiza |
Quer criar seus próprios Flashcards gratuitos com GoConqr? Saiba mais.