Fichas vocabulario de Galicia nos séculos XVIII e XIX

Descrição

Fichas para repasar o vocabulario máis importante no referente á Galicia dos séculos XVIII e XIX
Kalandraka UDC
FlashCards por Kalandraka UDC, atualizado more than 1 year ago
Kalandraka UDC
Criado por Kalandraka UDC mais de 2 anos atrás
6
0

Resumo de Recurso

Questão Responda
Antigo Réxime Sistema económico e de goberno que se extende durante case toda a Idade Moderna, caracterizado polo sistema de foros e uns claros estamentos sociais, distinguindo entre privilexiados e non privilexiados, entre outras características
Sociedade feudal
Nobres Privilexiados da sociedade da época, posuidores dun título nobiliario e terreos, exentos de pagar impostos. Posuían vasalos que traballaban para eles e cobraban aos campesiños unha porcentaxe da colleita por traballar nas súas terras
Clero Representantes da Igrexa Católica, formaban parte da sociedade privilexiada. A Igrexa posuía gran cantidade de terreo, e tamén cobraba unha porcentaxe da colleita aos campesiños. A Igrexa é a máis perxudicada durante o paso do Antigo Réxime á sociedade liberal
Campesiños Forman parte da sociedade feudal non privilexiada e constitúen a maior parte da mesma. Traballaban as terras como principal método de sustento e daban unha porcentaxe da mesma ao señor feudal dono da terra
Vasalos Forman parte da sociedade feudal non privilexiada. Traballaban directamente para os nobles ou o clero, cos cales compartían unha relación de vasalaxe
Fidalgos Nobres sen título, e moitas veces sen demasiados recursos económicos a comparación cos nobres con este, pero non tiñan que pagar impostos e eran bastante recoñecidos
Foros Contratos que habilitaban o emprego dos terreos dos señores feudais por parte dos campesiños, a cambio de que estes entreguen ao nobre parte da colleita obtida
Expropiación de terreo Consiste no paso de terras, antes propiedade dun nobre ou da Igrexa, a mans do estado, onde estas eran postas a poxa, e adquiridas moitas veces polos denominados fidalgos, ou en réxime de mancomún. É a principal característica do cambio á sociedade liberal
Réxime de mancomún Terreos que posúen máis dun propietario, ou que poden ser empregados por varias persoas, sen estas posuír a súa propiedade
Esperanza de vida Media de anos de vida dunha poboación dun lugar e momento histórico determinados
Natalidade Número de nacementos acontecidos nun lugar e momento determinados
Mortalidade Número de defuncións que suceden nun lugar e momento determinados
Mortalidade catastrófica Elevado número de defuncións nun corto período de tempo, debido a situacións coma malas colleitas, plagas ou enfermidades
Emigración Fenómeno que se produce cando unha ou máis persoas abandoan o seu lugar ou país de nacemento e viaxan a outro, a maioría das veces para mellorar a súa calidade de vida
Lenzos Tecidos fabricados polos campesiños e campesiñas, como método económico alterno ao cultivo
Xuntas Principal organización política de España durante a invasión napoleónica e anos posteriores
Revolución Francesa Conflito social e político provocado polos enfrontamentos entre as persoas que defendían ao Antigo Réxime, e as que estaban en contra. Pronto este conflito saíu de Francia para acadar o resto de países
Guerra da Independencia Española Conflito bélico que abrangue dende o 1808 até o 1814, e que enfrontou a España, coa axuda do Reino Unido e Portugal, contra as tropas napoleónicas francesas.
FINAL Xogo en Educa Play Aquí tedes un enlace para facer un encrucillado con algúns dos conceptos que acabamos de repasar ENLACE: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/11649079-galicia_seculos_xviii_e_xix.html

Semelhante

Cinemática Escalar: Conceitos fundamentais
Bruno Fernandes3682
Guia de Redação do Vestibular
Alessandra S.
Resumo de Biologia - Ciclos da Vida e Evolução
Larissa Guimarães
Combate a incêndio - capítulo quatro - 1
willian reis
Histologia Humana - Tecido Epitelial
Marcella F. Brunhara
Simulado Matemática
Marina Faria
Personalidade Psicodinâmica - Freud, Jung, Adler
luanaborb
LIGAÇÕES QUIMICAS - flashcard
Lucas Cruz Vieira
Exercícios- Tipos de Reprodução
Andrea Barreto M. Da Poça
Liderança Militar - Exercício 1
Ibsen Rodrigues Maciel