Criado por Silvia Rial Martínez
aproximadamente 7 anos atrás
|
||
Primeira páxina: o índice dos puntos do traballo (os mesmos que hai na libreta anotados).Índice paxinado e escrito con maiúscula ao comezo de palabra.
O primeiro punto a traballar é a ficha técnica: título, autor/autora, editorial, ano de publicación.
O segundo punto é a biografía: os datos máis relevantes da vida do autor ou autora así como dúas ou tres obras coa data de publicación entre paréntese.
O terceiro punto: o resumo En poucas liñas trátase de contar que pasa, a quen, cando, como e porqué. Non debes contar moitas cousas xa que se trata de crear expectación e querer lelo.
No cuarto punto falaremos dos personaxes, tanto os principais (os que teñen maior protagonismo na historia) así como os secundarios. NON TE ESQUEZAS DE FACER UNHA DESCRICIÓN DUN DELES.
O quinto punto o adicaremos a falar dos ESPAZOS e LUGARES. Non son o mesmo ainda que o lugar está dentro do espazo. Por exemplo: a historia ocorre na cidade de Vigo (espazo) no colexio apóstol (Espazo) . Moitas das situacións teñen lugar no pasillo de sexto (lugar), aulas (lugar) e no polideportivo (lugar).
O último punto é a túa VALORACIÓN E OPINIÓN PERSOAL. Debes facer un recorrido polo libro destacando o que máis che gustou, o que menos, o que aprendiches.. Se foi fácil ou difícil de ler e se o recomendarías e o porqué.
Deixa unha páxina ao final en branco para que o profe poda facerche os comentarios.
PODES FACELO XENIAL
Quer criar suas próprias Notas gratuitas com a GoConqr? Saiba mais.