Selecione das listas do Menu para completar o texto.
Os prexuízos parten da realidade, pero esaxérana e distorsiónana. Imos desmontar o que identifica galego con rural. Para iso, observa os datos da táboa e completa.
Os datos do cadro amosan que, canto ( maior, menor ) é o tamaño do concello en poboación, menor é o número de persoas que falan galego. Pero hai máis:
• Nos municipios de menos de 10.000 habitantes as persoas que falan sempre ou maioritariamente castelán supoñen o ( 21, 31, 27 ) %; nos que teñen entre 10.000 e 20.000, a porcentaxe é de 41 %. Os datos demostran que hai ( bastantes, escasísimos, ningún ) castelanfalantes no medio rural.
• Nos concellos de máis de 50.000 habitantes as persoas que falan sempre ou maioritariamente en galego supoñen o ( 27,5, 33,5, 12,5 ) %. Isto demostra que se fala galego nas ( cidades, aldeas ).
• Segundo os datos, ( non, si, case ) se pode concluír que o galego sexa unha lingua exclusivamente rural nin que o castelán sexa un idioma absolutamente urbano. O predominio dunha lingua en determinados ámbitos non pode sustentar un prexuízo sobre o seu carácter, rural ou urbano.