Usos e actitudes

Descrição

Actividades baseadas no libro de texto de Obradoiro Santillana (1º ESO)
Xano Cebreiro
Quiz por Xano Cebreiro, atualizado more than 1 year ago
Xano Cebreiro
Criado por Xano Cebreiro quase 9 anos atrás
317
0

Resumo de Recurso

Questão 1

Questão
Que se deduce destes datos do INFORME SOCIOLINGÜÍSTICO DA COMARCA DO BARBANZA, realizado pola Coordinadora de Equipos de Normalización nos centros de ensino? A Pobra do Caramiñal e Ribeira contan con arredor do 15 - 20 % de monolingües en galego, fronte a Rianxo que supera o 75% (e onde os monolingües en castelán representan só o 5%). Queda no medio o concello de Boiro, que ronda o 40% de falantes habituais de galego. Dentro dos concellos máis urbanos (A Pobra, Ribeira) existe tamén unha diferenza entre o alumnado de pequenos núcleos, como Aguiño (50% de galego), e o das vilas (10%).
Responda
  • Os galegofalantes concéntranse no interior.
  • Hai vilas do Barbanza máis modernas ca outras.
  • No hábitat urbano hai maior uso do castelán.
  • O alumnado da Pobra é unha excepción na comarca.

Questão 2

Questão
Que nos indica, nese mesmo informe, o seguinte? No IES Espiñeira de Boiro o galego é a lingua habitual para –aproximadamente- o 18% do alumnado da ESO e para o 52% do de Bacharelato. No IES Félix Muriel de Rianxo o 44% do alumnado de 1º ESO e o 92% do de 2º de Bacharelato asegura que ten unicamente o galego como lingua habitual da familia.
Responda
  • A idade é unha variábel que inflúe moito nos usos do alumnado.
  • O alumnado de Boiro obtén mellores resultados académicos.
  • En Bacharelato poténciase máis o coñecemento do galego.
  • O alumnado vai castelanizándose a medida que supera niveis escolares.

Questão 3

Questão
De todo o anterior podemos concluír que a consideración negativa do galego provoca que se reduza a transmisión da lingua, que aumente a desgaleguización, sobre todo nos núcleos máis urbanos do Barbanza.
Responda
  • True
  • False

Questão 4

Questão
A maioría da poboación mantén a lingua habitual ao longo da vida. Pero tamén hai persoas que a cambian. Fíxate nos datos da imaxe e completa. O factor que máis cambios de idioma provoca é [blank_start]a decisión persoal[blank_end]; esta favorece [blank_start]o galego[blank_end] porque hai sectores da poboación que se conciencian. O que máis favorece o paso ao castelán é [blank_start]o cambio de residencia[blank_end], porque hai máis traslados para as urbes. O ámbito do ensino ten un influxo [blank_start]menor[blank_end] no cambio de lingua (non chega ao [blank_start]10[blank_end]%) e, en todo caso, favorece a [blank_start]castelanización[blank_end].
Responda
  • a decisión persoal
  • o influxo das amizades
  • por razóns de traballo
  • o galego
  • o castelán
  • o cambio de residencia
  • o traballo
  • o ensino
  • menor
  • fundamental
  • 10
  • 20
  • 30
  • castelanización
  • regaleguización

Questão 5

Questão
A que se refire a nai cando di que non quere privar a nena da súa cultura? Ten intención de facer realmente iso? [Maior tamaño: https://goo.gl/We6mMx ]
Responda
  • Refírese a que non quere que a filla adoptada deixe de coñecer a lingua e o modo de vida do seu lugar de orixe. Pero a muller está a privar a nena da cultura galega, a súa, ao non falarlle na lingua que lle é propia.
  • Refírese a que non quere que a filla adoptada deixe de coñecer a lingua e o modo de vida que están de moda. Por iso vai facer posible que a moza fale desde pequena galego e chinés, entre outras linguas.
  • Refírese a que non quere que a filla adoptada deixe de coñecer a lingua e o modo de vida maioritario no mundo, para que poida ir actuar a Asia.

Questão 6

Questão
Que prexuízos lingüísticos e culturais se poden apreciar ou intuír no texto? [Maior tamaño: https://goo.gl/We6mMx ]
Responda
  • O concepto utilitario das linguas, ao cuestionar para que pode servir a aprendizaxe dun idioma.
  • A renuncia ao idioma propio (advírtese que son galegofalantes de orixe, pois cometen moitos erros ao empregar o castelán) ao asociar galego con clases baixas.
  • A asociación do castelán co prestixio e cunha posición acomodada, por iso o adoptan.
  • A identificación de falantes urbanos cunha ideoloxía nacionalista.

Questão 7

Questão
Os prexuízos parten da realidade, pero esaxérana e distorsiónana. Imos desmontar o que identifica galego con rural. Para iso, observa os datos da táboa e completa. Os datos do cadro amosan que, canto [blank_start]maior[blank_end] é o tamaño do concello en poboación, menor é o número de persoas que falan galego. Pero hai máis: • Nos municipios de menos de 10.000 habitantes as persoas que falan sempre ou maioritariamente castelán supoñen o [blank_start]21[blank_end] %; nos que teñen entre 10.000 e 20.000, a porcentaxe é de 41 %. Os datos demostran que hai [blank_start]bastantes[blank_end] castelanfalantes no medio rural. • Nos concellos de máis de 50.000 habitantes as persoas que falan sempre ou maioritariamente en galego supoñen o [blank_start]27,5[blank_end] %. Isto demostra que se fala galego nas [blank_start]cidades[blank_end]. • Segundo os datos, [blank_start]non[blank_end] se pode concluír que o galego sexa unha lingua exclusivamente rural nin que o castelán sexa un idioma absolutamente urbano. O predominio dunha lingua en determinados ámbitos non pode sustentar un prexuízo sobre o seu carácter, rural ou urbano.
Responda
  • maior
  • menor
  • 21
  • 31
  • 27
  • bastantes
  • escasísimos
  • ningún
  • 27,5
  • 33,5
  • 12,5
  • cidades
  • aldeas
  • non
  • si
  • case

Semelhante

Quiz Sobre Atualidades do Vestibular
Alessandra S.
EMPREGO (PORQUE)
julianodanielp
Quiz Sobre Genética
Marerodrigues
Direito Civil - Personalidade Jurídica
Lucas Ávila
Estrutura e Formação das Palavras
Alessandra S.
Vocabulário sobre o corpo em Francês
Catarina D.
LEI 8112/1990
eldersilva.10
classes de palavras - significados
Rodolfo Sotnas
República Velha
Vitor Gomes
Hobbes, Locke e Rousseau
Ricardo l.
Art. 5º - Remédios Constitucionais
Raquel Ribeiro