O meu avó foi a unha escola aos cinco anos,chamada Escola de Chelo que era a escola do seu barrio, situada na zona vella de Melide. Leváballe dous minutos a pé, na rúa que leva ao castelo.
Eran uns corenta alumnos distribuídos por niveis e todo era en castelán.
Ademáis das tres escolas de pago había outras públicas e gratuitas, tres para nenos e outras tres para nenas, pero os pais do meu avó mandárono a el e ós seus irmáns á Escola de Chelo por estar preto da casa e ensinar ben.
Slide 3
O TRABALLO NA AULA
As asignaturas eran: ler, copiar dun libro, contas das catro reglas(suma, resta, multiplicación e división e os máis listos facían quebrados), estudar pola enciclopedia, debuxo e catecismo o sábado.
Rubrica: : A ENCICLOPEDIA ESCOLAR ÁLVAREZ E UN LIBRO PARA APRENDER CALIGRAFÍA.
Slide 4
A AULA E MATERIAL ESCOLAR
Os máis pequenos estaban sentados nun banco feito por un carpinteiro, os medianos nunhas mesas pequeniñas e os maiores nunhas mesas grandes. Usaban libretas, pizarras e pizarrillos e escribían con lápiz e pluma.
Traballaban todos os días, agás os domingos e festivos. Non había deberes pero tampouco vacacións de verán.
A escola empezaba ás 10:00 ata as 13:00 e pola tarde das 15:00 ata as 17:00.
Non había recreo e a actividade extraescolar era o fútbol na rúa, porque case non había coches.
A escola non tiña baño e entón tiñan que ir fóra a unha casa abandonada, dicindo: "¿Puedo ir a la pieza?".
Un xogo moi popular era o tirapedras e todos os nenos tiñan un. Tamén xogaban ás bolas, ás chapas.........
Na escola, sen que os vise a mestra xogaban coa pizarra a adiviñar números.
ACTIVIDADES E XOGOS
Slide 7
O meu avó opina que os castigos eran máis duros no seu tempo e que agora se usa maís a tecnoloxía. Pensa que todo evolucionou para mellor e non bota nada de menos: nin os castigos de rodillas, tirar polas orellas, as bofetadas, nin as divisións longas, nin a pizarra e o pizarrillo das contas, nin estudar todo de memoria, nin escribir no caderno con pluma e tinta borrón incluído, nin o frío na aula.
O MEU AVÓ PENSA.................
Slide 8
A MIÑA OPINIÓN
Pareceume moi interesante comparar a educación de dúas xeneracións separadas por máis de cincuenta anos, nas cales hai moitas diferencias.
Algunhas cousas fixéronme gracia e outras non tanta.
Gustoume saber en comparación co pasado as vantaxes actuáis e que agora hai máis recursos coma a tecnoloxía e máis sorte porque xa non hai castigos físicos.
A partir de agora vou valorar máis a educación que temos hoxe en día.
Quer criar seus próprios Slidesgratuitos com a GoConqr? Saiba mais.