EADUARDO PONDAL

Description

Notas e vídeos sobre Eduardo Pondal
anxosriv
Note by anxosriv, updated more than 1 year ago
anxosriv
Created by anxosriv over 11 years ago
1479
0

Resource summary

Page 1

EDUARDO PONDAL

Vida e obra: (Longa vida dedicada á poesía/ Escasa obra espallada por xornais e revistas). A) Introducción valorativa: A pesar de que no seu tempo a súa obra non tivo a acollida popular da de Rosalía ou Curros, nos últimos tempos esta poesía elitista, difícil e aristocratizante está a ser reivindicada con abordaxes diversas polo medio literario e a intelectualidade galega.

Dados biográficos: 1835: nace na Ponteceso (Bergantiños) nunha familia de ascendencia fidalga. Anos des­pois deslócase diariamente á rectoral de Vilela de Nemiña para recebir unha for­mación clásica (latín). 1848: traslada-se a Santiago para realizar os seus estudios de bacharel en Filosofía. 1854: finaliza estes estudios con boas calificacións (sobresaínte en grego). 1854-1860: estudios de medicina, obtendo o grau de Licenciado con sobresaínte. 1856: participa no banquete democrático de Conxo (confraternización entre artesáns e estudantes), onde se dá a coñecer como poeta cun "Brindis" (en español). 1862: exerce como médico en Ferrol. Aparece no Album de la Caridad a "Campana de Anllóns" (o seu primeiro poema en galego). 1863: ingresa mediante oposición no Corpo de Sanidade Militar, abandonando pouco des­pois a medicina definitivamente para dedicar­se á poesía, vivindo das rendas familiares. 1867: coñece os poemas ossiánicos de Macpherson a través de Manuel Murguía: convértese así no "bardo da Galiza". 1867-1887: alterna a sua residencia entre a Ponteceso, Santiago e A Coruña. 1887: reside, até a súa morte, entre A Coruña e Ponteceso, salvo uns anos en Carballo. Na Coruña participou nas famosas tertúlias da "Cova Céltica" da libraría de Carré Aldao, onde era figura central, xunto con Murguía. 1917: morre na Coruña no Hotel "La Luguesa", dandoselle sepultura no cemiterio de San Amaro desta cidade.

OBRA:A súa obra: - Poesia épico-lírica: Queixumes dos pinos (1886). . Precedentes: A campana de Anllóns (1862) e Rumores de los pinos(1877). . Características xerais: relativa unidade temática, uso xa exclusivo do galego (menos dous poemas bilingües), universo mítico conformado, posición do poeta nun plano a-histórico, reelaboración e superación de Rumores... literária e ideolóxicamente. - Poesia épica: Os Eoas (do grego eos, “fillos do sol" ou "da aurora"). . Temática: canto do descobrimento de América (tema próprio do século XVI, anacrónico no século XIX). . Influéncias: segue Os Lusiadas de Luís de Camoes. . Problemas de edición: manuscritos sen publicar depositados na Real Académia Galega polo autor. - Outras obras: ademais de numerosos poemas soltos espallados por diversas publicacións periódicas (en galego e español) e xa alguns publicados, destaca o relato en español Juán Pérez.

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2011/03/falade-gallego-eduardo-pondal.html

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/06/lingua-tiveran-eduardo-pondal.html

Poética e ideoloxía en Pondal. A) Poesia cívica (patriótica): - Celtismo: a defensa, que partiu dos historiadores románticos e da tertúlia da "Cova Céltica", das raíces celtas da Galiza va¡ ser un elemento nuclear da obra pondaliana, até o extremo de inventar todo un universo mitolóxico povoado de heroes, cuxos nomes son tirados esencialmente da toponimia bergantiñá (Gundar, Brandomil...) ou da tradición ossiánica como Breogán. (p.e. "Os pinos", "Da raza".). - Helenismo: ligado ao celtismo. É do helenismo donde basicamente toma ese espírito militarista de virilidade rexa e forte, cunha ética fundamen­tada nos valores espartanos. (p.e. "A lira de Tyrteo", "Dos celtas antigos". - Bardismo: ligado tanto ao helenismo como ao, celtismo. Pondal considerase a si mesmo como o "bardo" do pobo galego coa misión liberadora da colectividade galega, de escravos e ilotas a homes libres e orgullosos. (p.e. "As almas escravas", "Que barba non cuidada ) - Iberismo: Pondal defende unha confederación ibérica de pobos libres, na que a Galiza terá o papel de forxadora desta. (p.c. "A voluntade homérica").

Poesia lírica: moitas veces non se pode separar da cívica. - A natureza: a paisaxe é a gándara e o bosque: unha flora (uces, piñeiros, toxos,) e unha fauna (cervos corvos, raposos, corzos---.) ricas. (p.e. Feros corvos de Xallas"). Toponímia bergantiñá: Bergantifios, núcleo da Galiza ideada por Pondal. (p.e. "0 abrigo do vento círcio"). A paisaxe, abrupta e esquiva, ao servizo do home, libre e idealizado (figuras típicas como “o cazador", "o mariñeiro", etc. sempre idílicas sen apareceren os problemas e a situación social, por exemplo dos labregos). (p.e. "Cando no escarpado cabo"). - A muller: concepción dórica, nunha das liñas temáticas de Pondal: a heroína (a virxe guerreira en “Maroñas,virxen intrépida”), as fadas (“Rouriz en “O abrigo do vento círcio”) e as mulleres da terra,pastoras e taberneiras (a sinxela rapaceta, a garrida tabemeira ou a aldeana saudosa en"Meniña, rapaza nova"). - Perspectiva propriamente amorosa: a) actitude romántica: amor cabaleiresco, platonismo, certos tintes trobadorescos ("Eu sei dunha doce meiga").b) actitude machista: amor animalizado, a muller como obxecto de pracer ao servizo do home -"o descanso do guerreiro"- (p.e. Pilleina entre os pinos soa"). c) actitude erótico-naturalista: erotismo sen­sual onde a forza da paixón está mitigada pola ternura (p.e. "Agora, meu corazón", “Oh, quen poidera).

Estilo .Os recursos estilísticos de Eduardo Pondal están en función da súa moral sóbria e aristocrática. - Estilización da realidade (própria da épica) atravéde :uso de epítetos: "a arcosa", "nobre” "os rumorosos (p.e. "Os pinos"). A oposición "doce"/" férreo": o férreo (duros,ousado, forte, esquivo.) conduce á liberdade e doce (mórbido, brando, femíneo, muliebre, xentil.) conduce á escravitude. (p.e. "As almas escravas"). - Uso escaso de diminutivos. - A caracterización negativa (litotes), própria da literatura clásica (p.e. "Que barba non cuidada"). - Emprego do símil de influéncia tamén clásica (homérica), do paralelismo e similicadéncia (p.e. "Da raza", "Dos celtas antigos"). - Preferencia polas oracións aseverativas que, xunto co emprego frecuente do adverbio "certo", son síntoma do carácter dogmático da súa poesía.

A língua de Pondal. A sua língua supón un esforzo de construción e renovación formal de grande magnitude. - Ton aristocrático e solene: selección lexical con uso de cultismos latinizantes e helenizantes ("belíxero", 'Térrido".), - Abundáncia de palabras esdrúxulas ("brétorna", "cómaro", "pútrido"_..), abundáncia, de agudas en "-al: "lanzal", "longal", xogaral"....). - Rasgos lingüísticos da fala dialectal de Bergantiños (estilizada e depurada): ditongo "ui" ("escuitar", "nuite"), ”io" en lugar de "iu" nos perfectos ("volvio", collio caío"), uso do perfecto en "-no" en lugar de "-ron" ("fono" por foron, "mirano" por miraron....), miñan por mañán, plurais do tipo "corazóns" e "pinales

A métrica. Non é a sua preocupación fundamental, polo que aínda sendo variada, non oferece novidades ou inovacións de importáncia; abundan os versos de sete, oito, once e doce sílabas. - Estrofas: Oitavas reais (Os Eoas),oitavas de arte menor (A campana de Anllóns), tercetos, cuartetos e serventesios, romances. - Combinacións métricas: son abundantes as de versos de sete e once sílabas; tamén as hai de base octosilábica, mesmo de oito e once sílabas (que toma de Rosalía).

Cando xazan do cisne( COMENTARIO)Cando xazan do cisne Os febrentos despoxos Sobre do verde da ribeira escura E xa non se ouza o canto harmonioso; Dádelle sepultura No promontorio aquel areoso e vougo Onde o Anllóns, o seu nativo río (que el máis amou de todos) Da peregrinación antiga súa, E do longo traballo, acha repouso. Que diga o mariñeiro, Rudo fillo de Osmo, Ó entrar pola Barra Volvendo o escuro rostro: - Alí xaz o que fora Noutro tempo cantor do eido noso. Eduardo Pondal. Identificación: Autor, obra e data de publicación. Estrutura: - Neste poema Pondal refírese á morte do bardo, á súa propia morte. A quen se dirixe? - Con que animal se identifica o poeta? - En cales versos se fai referencia á morte? - Que pide o poeta? - No poema hai referencias directas á bisbarra bergantiñá, a súa natureza, cita os topónimos e localiza as referencias; hai alguna relación afectiva entre o poeta e estes lugares (cita o verso) - Como agarda o poeta ser lembrado despois da súa morte? - Cal é o tema pois do poema? - Podes relacionar o poema coas características da poesía de Pondal? Ante que tipo de poesía estamos ¿ Versificación: - Indica o número de estrofas e versos por estrofa; Trátase dunha estrofa determinada ou dunha combinación estrófica? Recursos poéticos: - Neste poema afigura do poeta está presente por medio dun SÍMBOLO, calé e en que consiste. - Explica a METÁFORA “canto harmonioso” - A quen simboliza “o mariñeiro” - Nos dous primeiros versos hai unha alteración da orde lóxica das palabras, como se denomina este recurso poético? Reordena os versos. - Para falar do río Anllóns o poeta usa unha PERSONIFICACIÓN, en que versos? Valoración do poema.

Show full summary Hide full summary

Similar

Cantares Gallegos
anxosriv
ROSALÍA DE CASTRO
anxosriv
Comentario de texto: "A man segreda",Vento mareiro, 1915
profepdc
As vangardas na Literatura galega. (1)
Miguel Lamelas
As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo.
Miguel Lamelas
Poesía de vangarda. Características, autores e obras.
Ilda V
Literatura S.XIX
grwrett wt4
A LITERATURA GALEGA DENDE 1947 ATÉ A ACTUALIDADE
Michel González Ceccarani
As vangardas. Introdución
Miguel Lamelas
Ramón Otero Pedrayo
Miguel Lamelas
A esmorga 4 ESO A
Profesor/a Traballador/a