APUNTAMENTOS DO TEMA

Description

Note on APUNTAMENTOS DO TEMA, created by Kalandraka UDC on 11/03/2022.
Kalandraka UDC
Note by Kalandraka UDC, updated more than 1 year ago
Kalandraka UDC
Created by Kalandraka UDC over 2 years ago
4
0

Resource summary

Page 1

O QUE SABEMOS DA GALICIA NO SÉCULO XVIII

O século XVIII caracterízase por ter unha sociedade feudal onde existían señores feudais que eran os nobres e os cleros que posuían as terras. Os campesiños e campesiñas traballaban esas terras a cambio de protección e pagaban os foros (rendas que contemplaban unha parte da produción). Ademais, nos períodos onde non se traballaba o campo, as clases baixas dedicábanse á fabricación de lenzos (industria rural doméstica de tecidos). As terras non aptas para o cultivo xestionábanse en réxime de mancomún. Os pastos e os montes eran fundamentais para aportar comida para o gando, abono para a terra ou materiais de construción. Durante este século obsérvase un crecemento demográfico. Este feito prodúcese por varios factores: Descenso lento e significativo das taxas de natalidade e mortalidade. Elevada esperanza de vida. Redución da mortalidade catastrófica (exterminación de enfermidades, pestes e crises). Mellora da hixiene.

Recursos utilizados

Page 2

O QUE SABEMOS DA GALICIA DO SÉCULO XIX

No século XIX, coa entrada na Idade Moderna, despois da Revolución Francesa de 1789, a sociedade feudal cambia radicalmente. Isto é debido a varios factores sociais e económicos. Entrada das tropas napoleónicas en 1808, que provocou o exilio do rei nese tempo (Fernando VII). Debido a isto, a organización do poder político tanto en España como en Galicia foi mediante Xuntas (locais, provinciais e rexionais). En 1822 Galicia dividiese en catro provincias: Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Dividiese a súa vez en Concellos. A reforma agraria liberal, alimentada polos conflitos entre o campesiñado e os nobres, salientando a Polémica dos Despoxos. As terras pertencentes á Igrexa expropiábanse e saían a poxa, onde os fidalgos en Galicia foron os compradores. Como consecuencia, a Igrexa perde o seu poder político, afectando ao seu patrimonio. No período entre o 1860 e 1877 aumenta a emigración dos homes galegos cara países de Europa e Sur América, sendo a máis alta en España.

Recursos utilizados

Show full summary Hide full summary

Similar

Cell Structure
daniel.praecox
New Possibilities with ExamTime's Flashcard Maker
Andrea Leyden
Physics
Holly Bamford
Biological Definitions
Yamminnnn
Random German A-level Vocab
Libby Shaw
GCSE AQA Biology - Unit 3
James Jolliffe
Unit 3 Business Studies
Lauren Thrower
GCSE AQA Biology 2 DNA & Cell Division
Lilac Potato
AQA GCSE Physics Unit 2
Gabi Germain
GCSE AQA Physics 2 Circuits
Lilac Potato
Specific topic 7.7 Timber (tools/equipment/processes)
T Andrews