Erstellt von Noelia Miguez González
vor fast 7 Jahre
|
||
Frage | Antworten |
Que é a noticia? | É a interpretación dun feito |
Cinco características da noticia | Novidade, actualidade, periodicidade, difusión, proximidade, consecuencias, personalidade, rareza, conflicto, emoción, progreso, aparicións de persoeiros, materialidade.... |
Características sobre as regras de relevancia | - Son compartidas polas organizacións informativas nos sistemas comunicativos consolidados; - Non son coñecidas polas fontes; - Lexitímanse nos desexos da audiencia; - Tradúcense nos criterios de selección. |
Tipos de información segundo Warren | - Fact story - Action story - Quote story |
Nomes de teóricos da noticia | M. Albertos, Martí Vivaldi, William B. Bleyer, Champley, Lyle Spencer, Dovifat, Kayser, Groth, Fattorello, Warren, Gomis, Casasús, Pilar Diezhandino, Galtung e Ruge.... |
Clasificación da noticia por Casasús segundo... | ... irrupción: fortuita, previsible ou programada ... contido: de interese humano, público ... fonte: oficiais, oficiosas ou extraoficiais ... proximidade da fonte: 1º nivel ou outros niveis ... a complexidade da estrutura: simple ou múltiple ... a función: directa, de creación, de situación, complementarias, de contexto ... o esquema: sumario, cronoloxía, citas, espaciais, continuidade |
Funcións da técnica da pirámide invertida | - Ordena a información - Aforra espazo e tempo - Permítelle ao lector coñecer o máis importante sen lelo todo |
Estrutura da pirámide invertida | - Titulación (subtítulo, antetítulo, sumario, cintillo, ladillo) - Lead - Corpo e tie-in - Detalles |
Función da titulación | - Anuncia o contido - Capta a atención do lector - Marca as pautas de xerarquización |
Función do lead | Parágrafo incial que responde ás 5 w's |
Función do corpo | Amplía e explica o lead |
Que responde cada unha das 5 w's? | - Que: feito - Quen: personaxe - Cando: inicio, duración e final - Como: circunstancias e modos - Onde: limita o espazo - Por que: antecedentes |
Que é unha fonte? | Calquera persoa, institución, colectivo ou documento que axude ao xornalista na súa labor de investigación. |
Aptitudes do xornalista | - Capacidade de análise para discernir o valor informativo - Espírito crítico - Honradez para reflexar con fidelidade os feitos - Capacidade de comunicación - Utilizar métodos lícitos - Recoñecer o dereito a non responder - Nunca aceptar gratificacións |
Como se menciona unha fonte? | - Se é só unha, non fai falta repetila; - Se é outro medio, dicilo e verificalo; - Evitar vaguedades, identificala o mellor posible; - Respetar o off de record, é só unha guía de investigación. |
Tipos de atribución da fonte | - On the record: contido e fonte explícitos - Con reserva: contido explícito, fonte xeral - Con reserva obrigada: contido explícito, fonte non - Off the record: non se publica nin a fonte nin o contido |
Tipos de fontes | - Persoais: xornalísticas, non xornalísticas ou de desinformación - Documentais: manuais de referencia ou bases de datos |
Exemplos de fontes xornalísticas | Gabinetes de prensa, medios de comunicación, axencias de información... |
Möchten Sie mit GoConqr kostenlos Ihre eigenen Karteikarten erstellen? Mehr erfahren.