|
Created by Ana Martínez
almost 6 years ago
|
|
Question | Answer |
Que feito sinala o inicio da Idade Contemporánea? | A invasión francesa en 1808 |
Quen era Napoleón Bonaparte? | Era un xeneral francés que se proclamou emperador de Francia e conquistou moitos países entre eles España. |
Que relación tiñan España e Francia antes da invasión francesa? | Firmaron un tratado para conquistar xuntos Portugal. |
Que estratexia utilizou Napoleón para conquistar as fortalezas españolas? | Pedir permiso para que as súas tropas puideran pasar a conquistar Portugal. |
Sitúa e explica o levantamento popular que se produciu en Madrid. | Tivo lugar o 2 de maio de 1808 contra a invasión francesa e o nomeamento de Xosé I como rei de España. |
Que ocorreu en Bayona? | Carlos IV e Fernando VII renuncian ao trono en favor de Napoleón. |
A quen nomeou rei de España Napoleón? | Ao seu irmá Xosé I. |
Explica que representa a pintura de Francisco de Goya "Os fusilamentos do 3 de maio" | Representa os fusilamentos que houbo despois do levantamento popular do 2 de maio. Os franceses mataron aos que organizaron o levantamento. |
Enumera algunhas consecuencias que tivo a guerra para España. | - Perda dos territorios en América - Gran crise económica e humanitaria - Enfrontamentos entre patriotas e afrancesados - Nace a 1ª constitución - Aparece a idea de que España pertence aos españois. |
Que eran as xuntas de goberno? | Eran grupos de representantes que gobernaban en toda España. |
Que sucedeu en Cádiz no ano 1812? | Redactouse a primeira constitución española. |
Cita algúns aspectos que promulgaba a Constitución: | - Establécese a monarquía como forma de goberno. - O estado sepárase en tres poderes: lexislativo, executivo e xudicial. - Aparecen dereitos e liberdades fundamentais como o dereito á reunión e a liberdade de imprenta. - A soberanía pertence á nación. |
Que batalla puxo fin á Guerra da Independencia? | A batalla de Vitoria |
Cando rematou a Guerra de Independencia? | En 1814 |
Que fixo Fernando VII ao regresar a España? | Abolir a Constitución de Cádiz e volver a instaurar o absolutismo. |
Explica o enfrontamento que había entre os dous bandos durante o seu reinado? | O enfrontamento era entre os absolutistas que defendían que os reis tiñan todo o poder e os liberáis que defendían a Constitución. |
A quen se lles chamou Carlistas? | Aos absolutistas que querían que reinara Carlos irmá de Fernando VII cando este morreu en 1833. |
Quenes se enfrontaron na Primeira Guerra Carlista? | Enfrontáronse os absolutistas que querían como rei a Carlos, irmá de Fernando VII e os liberais que querían como raíña a Isabel II, a súa filla. Gañaron os liberais e chega ao poder Isabel II. |
Que sabes sobre o reinado de Isabel II? | No seu reinado España convertiuse nunha monarquía parlamentaria. Había dous partidos políticos, os dous liberais: o Partido Moderado e o Partido Progresista. |
Resume o que sucede en España dende 1868 ata 1876 | En 1868 Isabel II marcha de España e as Cortes nomean rei a Amadeo I (1871), un príncipe italiano que renunció ao cabo de dous anos. Entón as Cortes proclamaron a Primeira República (1873), que tampouco durou moito (en once meses tivo catro presidentes). Esta situación rematou co regreso a España de Afonso XII fillo de Isabel II que é proclamado rei en 1876. O seu reinado foi de paz e estabilidade. |
Que é a industrialización? | É o desenvolvemento da industria coa introdución de maquinaria e a especialización no traballo. |
Por que a industrialización en España foi máis tardía? | - Falta de diñeiro polas guerras - Non había excedentes, é dicir, produtos que vender a outros países - Había un mercado reducido con baixa demanda |
Cales foron as principais explotacións mineiras en España? | As principais explotacións foron os xacementos de ouro en Almería, de cobre en Río Tinto (Huelva), de carbón en Asturias e de mercurio en Almadén (Cidade Real). |
Diferencia entre latifundio e minifundio. | Os latifundios eran grandes explotacións de terra cun só propietario e os minifundios eran pequenas explotacións de terra. |
Cales foron as primeiras industrias en España? | A industria téxtil en Cataluña e a siderúrxica no País Vasco. |
Cales foron as primeiras liñas ferroviarias? | - Barcelona - Matarón - Madrid - Aranxuez - Xixón - Langreo |
As sociedade na Idade Contemporánea | A sociedade estaba dividida en clases que se diferenciaban pola súa riqueza. - CLASE ALTA: Formada pola Alta Nobreza , a Alta Burguesía e a Igrexa. - CLASE MEDIA: Formada por traballadores non manuais, profesionais das finanzas, das leis ou da saúde e funcionarios do Estado. - CLASE POPULAR: Estaba composta por campesinos; artesáns, criados e empregados da industria. |
Qué estilos arquitectónicos houbo nesta época? | - Neoclasicismo - Romanticismo - Arquitectura de ferro |
Want to create your own Flashcards for free with GoConqr? Learn more.