Características xerais dunha función

Description

Guión de las características más salientables de una función: dominio e imagen, continuidad, simetría, periodicidad, monotonía, extremos y puntos de corte con los ejes.
Paulo González Ogando
Flashcards by Paulo González Ogando, updated more than 1 year ago More Less
Paulo González Ogando
Created by Paulo González Ogando about 9 years ago
Paulo González Ogando
Copied by Paulo González Ogando about 5 years ago
35
0

Resource summary

Question Answer
Dominio e percorrido Dominio: conxunto de todos os valores que pode tomar a variable x. Percorrido (ou imaxe): conxunto de todos os valores que toma a variable y.
Puntos de corte cos eixos Eixo de abscisas (OX): puntos da forma (x,0), calcúlanse facendo y=0. Eixo de ordenadas (OY): puntos da forma (0,y), calcúlanse facendo x=0.
Signo O estudio do signo consiste en achar os intervalos da variable independente (x) nos cales a variable dependente (y) é positiva, negativa ou nula.
Simetría Par: función simétrica respecto do eixo de ordenadas (OY). Cumpre que f(x) = f(-x). Impar: función simétrica respecto da orixe de coordenadas. Cumpre que f(x) = - f(-x).
Continuidade Unha función é continua se pode dibuxarse dun só trazo. Un punto de discontinuidade pode ser: - Evitable. - Inevitable finito. - Inevitable infinito.
Periodicidade Unha función é periódica se a súa gráfica se repite cada certo intervalo, que se denomina 'período'. Cumpre que f(x+T) = f(x).
Monotonía Trátase de estudar os intervalos da variable independente (x) nos que a función é: - Crecente - Decrecente - Constante
Extremos absolutos Máximo absoluto: é un punto da función no cal a ordenada é maior ou igual que en calquera outro punto do dominio dea función. Mínimo absoluto: analogamente, pero con menor ou igual.
Extremos relativos Máximo relativo: é un punto no cal a función cambia de ser crecente a ser decrecente. Mínimo relativo: é un punto no cal a función cambia de ser decrecente a ser crecente.
Créditos Paulo González Ogando IES Johan Carballeria paulo.gonzalez@edu.xunta.gal
Show full summary Hide full summary

Similar

Funciones Matemáticas
Nathaly Arias
Ecuaciones (Primer Grado)
Diego Santos
Fórmulas Geométricas (Perímetros)
Diego Santos
7 Técnicas para Aprender Matemáticas
maya velasquez
Matemáticasen la VidaCotidiana
Diego Santos
FRACCIONES...
JL Cadenas
FRACCIONES...
Ulises Yo
Factorización de expresiones algebraicas_1
Juan Beltran
CÁLCULOS con [ 3 · 5 · 7 ]
JL Cadenas
Preguntas del Pensamiento Matemático
Diego Santos
Factorización de Expresiones Algebráicas
maya velasquez