Fonética: describe os sons dunha
lingua. Ademais de todos os
procedementos rítmicos, métricos e
de rima, que tamén se poden
encadrar neste grupo, sinalaremos:
- Aliteración:
Consiste en
repetir un ou
varios sons que
producen algun
efecto no lector.
Lingua lame emboca esvara lábil
lenta lingua na lama en que xacente
- Paronomasia: consiste na
proximidade de palabras semellantes
nos sons pero diferentes nos
significados.
E non saber por que vai, tira, vira,
corre que corre, alanca, alanca, alanca
- Onomatopea:
É unha variante
da aliteración.
Consiste en
imitar os sons
que se
producen na
realidade
¡tas-tis, tas-tis!, na silenciosa noite
o siniestro compás repite a péndola
Recursos semánticos
Metonimia:
Consiste en
nomear algo
con outro
nome
baseándose
na relación
dos seus
contidos.
pasa de man en man a xerra roiba de albariño.
Antítese:
Póñense en
relación dous
contidos opostos
entre si.
E o silenzo vai nomeando.
Metáfora:
Relaciónanse os
contidos de dous
signos lingÜisticos.
O termo real (R) identifícase
co termo imaxe (I), sen
enlace.
Amade sempre a terra (R)
nosa nai (I).
Comparación:
relaciónanse dous
elementos entre si.
Termo real (R)
Elemento de enlace (E)
Termo imaxe (I).
(R) As campanas da parroquia
(E) brincaban na alma do corpo
(I) como puchos revuldeiros.
Personificación:
Atribúenselles calidades
humanas a seres
inanimados.
Terra, que o sol, sempre amante,
mornea tódolos días.
Hipérbole:
Esaxéranse de
maneira
desproporcionada
as
calidades
ou
accións.
Murmurei- adorada
Galicia! (e dos ollos
chovíanme as bágoas)
Sinestesia:
Combínanse
impresións de
campos sensoriais
diferentes.
Unha lúa verde
pendura no mouro
silenzo
Silepse:
Consiste en
usar unha
palabra en
sentido recto
e, ao mesmo
tempo, en
sentido
figurado.
Quero ir á China, para orientarme un pouco...
Recursos morfolóxicos
Epíteto: é un adxectivo que lle
engade viveza e colorido ao
substantivo. Poderíase
prescindir del porque expresa
unha calidade que xa ten o
substantivo
niste escuro pozo tan profundo.
Eufemismo: consiste en substituír unha
palabra ou expresión desagradable por
outra de connotacións menos negativas:
Hai numerosas baixas civís.
Enumeración:
acumulación de
substantivos para
describir calquera
obxecto ou idea
Pinos, ríos, arboredas
pinares que move o vento
Gradación:
ordenación dunha
serie de palabras
de menor a maior
orde de
importancia ou
viceversa
Adiós ríos, adiós fontes,
adiós regatos pequenos
Recursos sintácticos:
Hipérbato:
consiste en
cambiar a orde
lóxica das
palabras nunha
oración.
Dos toxales as tenues toxiñas
Quiasmo:
consiste en cruzar
catro elementos
(dous dunha clase
gramatical e
outros dous
doutra), deste
xeito: ABBA
sen corpos tálamo, xardín sen sombra
A
B
B
B
Asíndeto:
supresión
intencionada dos
nexos.
Traballou, aforrou, mercou, vendeu
consumiu, informou, cumpriu co preceuto,
viviu arredor de si mesmo.
Polisíndeto:
repetición
innecesaria de
nexos
Teñen gracia e sinxeleza
e unha sutil fermosura
Anáfora:
repetición
dunha ou
varias
palabras no
comezo dun
verso ou
oración
Que desgracia tan grande ser poeta,
oficio de chorar sin cobrar nada,
oficio de cuspir na mar inmensa e
de chantar pancartas no deserto.
Paralelismo:
consiste en
enlazar as
estrofas de dúas
en dúas; así, os
versos da
segunda estrofa
son variantes da
primeira; os
versos da cuarta
son variantes da
terceira...
Digades, filha, mia filha
velida, porque tardaste na
fontana fría. -Os amores hei.
Digades, filha, mia filha louçana,
porque tardaste na fría fontana.
-Os amores hei.
Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte á auga volvían.
-Os amores hei.
Tardei, mia madre, na fría fontana,
cervos do monte volvían á auga.
-Os amores hei.