APUNTES PINTURA EXIPCIA

Descrição

Notas sobre APUNTES PINTURA EXIPCIA, criado por Ramón Rodríguez Vázquez em 26-10-2018.
Ramón  Rodríguez Vázquez
Notas por Ramón Rodríguez Vázquez , atualizado more than 1 year ago
Ramón  Rodríguez Vázquez
Criado por Ramón Rodríguez Vázquez aproximadamente 6 anos atrás
58
0

Resumo de Recurso

Página 1

CONVENCIONALISMOS DA PINTURA EXIPCIA   INTRODUCCIÓN: Na arte exipcia reflíctense os valores do propio Imperio dominado por unha forte xerarquización onde o faraón ocupa a cúspide da pirámide social e onde a crenza nunha vida logo da morte protagoniza as representacións.   XÉNERO: Relixioso, é dicir, ten carácter divino onde o faraón era considerado un Deus polos seus títulos que lle permitían ser o comprendido vivo de todo o divino no Nilo e nas súas proximidades. Por outro lado, tamén podemos atopar representadas escenas cotidiás como: cosecha, traballo, pesca, caza, bailes.. ou de temática funeraria e simbólica.   TÉCNICA: A técnica pintoresa do Antigo Exipto foi un claro precedente da pintura ao fresco ou témpera, xa que facían dos pigmentos naturais (extraídos das terras próximas ao Nilo) unha pasta de cor que mesturaban con clara de ovo e disolvían con auga para aplicalo sobre os muros, revestidos cunha capa de tendido seco de ieso.   ESTILO E TEXTURA: A pintura utilizábase para decorar as paredes dos templos e tumbas, así como para ilustrar papiros. Dentro da pintura exipcia, atopamos un estilo no que predominan os contornos moi marcados con líneas grosas negras e vermellas escuras para recalcar as ilustracións. En canto á textura podemos dicir que o fondo era plano e de cores grisáceas, no Antigo Imperio, ou brancas, no Novo Imperio. Por outro lado, a pintura exipcia ten gran capacidade de síntese, e o non respeta ningún tipo de perspectiva, profundidade ou volume. Por outro lado, na maioría dos casos decoránbase con xeroglíficos.    CORES: As cores eran vivas e variadas en cada escena e as máis antigas pinturas parietales decorativas que se coñecen foron polícromas e de colorido uniforme. As cores tamén eran planas, os tonos uniformes e sen degradacións. Tampouco hai xogo de luces e sombras para xerar volume. As mulleres eran representadas con pel clara e os homes con pel escura, ademais levan unha perruca negra.   PERSPECTIVA: Teñen unha visión rectilínea,  de perfil, onde podemos ver a cabeza, os brazos e as pernas. Ademais caracterízase por ser unha obra non naturalista, xa que os rostros representados non son expresivos, son imaxes frías e distantes. Para finalizar, utilízase a perspectiva  xerárquica de forma que as figuras máis importantes aparecen nun tamaño moi superior ás menos poderosas.   IMPORTANCIA: Grazas a estas representacións coñecemos gran parte dos costumes e a cultura do Exipto Antigo.   ALGUNHAS DAS OBRAS MÁIS RELEVANTES: LA DIOSA HATHOR Y EL FARAÓN SETI I. (1294-1279 A. JC.) FRESCO DE NEFERTARI. (1300-1225 A.JC.). Valle de las reinas. ¡RAMSÉS I CON HORUS Y ANUBIS.(XIX dinastía. Valle de los reyes). http://cossio.net/actividades/pinacoteca/p_02_03/egipcios.htm   Ademais, tedes a vosa disposición uns materiais en línea creados por min para repasar os conceptos e poñelos a proba: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScd2kU6nYHqkd6BSJrUTdFlUI_zqbtR_oBWrBAQ9v2JhLk8ow/viewform?usp=sf_link https://www.thinglink.com/scene/1111203487024152579   Tamén vos deixo unha serie de obras pintorescas de Exipto para que podades practicar a súa análise.                    

Página 2

Semelhante

A pintura exipcia.
Lucía Mouriño Gómez
A pintura exipcia
Lucía Mouriño Gómez
DALÍ...
JL Cadenas
Goya (1746-1828)
Joaquín Ruiz Abellán
=ARTE=...
JL Cadenas
Análisis de una Pintura
Sandra Ortega L.
Composición de la pintura
cog1824
Apuntes para Aprender Inglés
maya velasquez
Apuntes para el Exani II: Características y Consejos
Gastón Amato
Apuntes de Literatura española S. XX - Narrativa del 98.
María Salinas
Apuntes de Selectividad: Características y Consejos
maya velasquez