ROSALÍA DE CASTRO

Beschreibung

1ºbach Literatura galega Notiz am ROSALÍA DE CASTRO, erstellt von anxosriv am 27/05/2013.
anxosriv
Notiz von anxosriv, aktualisiert more than 1 year ago
anxosriv
Erstellt von anxosriv vor mehr als 11 Jahre
3183
2

Zusammenfassung der Ressource

Seite 1

ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885) é a figura máis importante e universal da Literatura Galega MULLER: O 90% son analfabetas, 10% escriben en español e de temas románticos. Foi unha precursora na reivindicación dos dereitos da muller denunciando a marxinación e a desigualdade ( a situación das mulleres campesiñas) GALEGA: Defende a identidade de Galicia escribindo en galego; denuncia os abusos cometidos con Galicia e cos galegos (a emigración); identifícase cos problemas e padecementos das clases populares. ESCRITORA: Foi unha adiantada na súa época polo feito de ser muller e escritora (mal visto na sociedade).

CANTARES GALLEGOSCantares gallegos (1863) foi o primeiro poemario escrito en galego despois dos Séculos Escuros.Fontes:Lírica popular e tradicional .EL libro de los cantares de Antonio Trueba (1852) .Partes:PRÓLOGO : Captatio benevolentia e intencións36 POEMASObxectivos:1. Reivindicar a validez do noso idioma para todo tipo de poesía2. Denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos, as mulleres e os emigrantes galegos.3. Combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza.Estrutura:PRÓLOGO. Introdución: Unha rapaza é invitada a cantar. Has de cantar, meniña gaiteira…CORPO POÉTICO Aparecen outras voces no poema: o eu-poético trasunto de Rosalía e a voz doutras personaxes de extracción social popular e galega.EPÍLOGO. Despedida: A moza declara ter cumprida a súa misión. Eu cantar, cantar, canteiLiñas poéticas:FOLCLÓRICA. Poemas costumistas. Refliten a idiosincrasia do pobo galego.SOCIAL. Poemas de denuncia social: contra a emigración… Refliten a ideoloxía galeguista. INTIMISTA / AMOROSA. Poemas introspectivos, de saudade e de soidade. Anticipan os poemas de Follas Novas.Voz lírica:A protagonista do poemario, que fala desde o inicio, é unha rapaza que simboliza o pobo de Galiza.Temas:A emigración, a soidade, a paisaxe, os costumes, o amor...Estrutura dos poemas: cantar + glosa.* Métrica: metros populares

TEXTOS: Cómo chove miudiño Cómo chove miudiño,cómo miudiño chove;cómo chove miudiñopola banda de Laíño,pola banda de Lestrove.¡Cómo a triste branca nubetruba o sol que inquieto aluma;cál a crube i o descrube,pasa, torna, volve e sube,enrisada branca pruma!Xa, dempóis, lonxe espalladapolos aires fuxitivos,desteñida, sombrisada,nos espasos desatada,cae brillando en raios vivos.Misteriosa regadeirafino orballo no chan pousacon feitiña curvadeira,remollando na ribeira frol por frol, chousa por chousa.

Adiós, ríos; adiós, fontes;adiós, regatos pequenos;adiós, vista dos meus ollos:non sei cando nos veremos.Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,prados, ríos, arboredas,pinares que move o vento,paxariños piadores,casiña do meu contento,muíño dos castañares,noites craras de luar,campaniñas trimbadorasda igrexiña do lugar,amoriñas das silveirasque eu lle daba ó meu amor,caminiños antre o millo,¡adiós, para sempre adiós!¡Adiós groria! ¡Adiós contento,¡Deixo a casa onde nacín,deixo a aldea que conosopor un mundo que non vin!Deixo amigos por extraños,deixo a veiga polo mar,deixo, en fin, canto ben quero...¡quen pudera no o deixar...!...............................Mais son probe e, ¡mal pecado!,a miña terra n'é miña,que hastra lle dan de prestadoa beira por que camiñaó que naceu desdichado.Téñovos, pois, que deixar,hortiña que tanto amei,fogueiriña do meu lar,arboriños que prantei,fontiña do cabañar.Adiós, adiós, que me vou,herbiñas do camposanto,donde meu pai se enterrou,herbiñas que biquei tanto,terriña que nos criou.Adiós Virxe da Asunción,branca com'un serafín:lévovos no corasón;pedídelle a Dios por min,miña Virxe da Asunción.Xa se oien lonxe, moi lonxe,as campanas do Pomar;para min, ¡ai!, coitadiño,nunca máis han de tocar.Xa se oien lonxe, máis lonxe...Cada balada é un dolor;voume soio, sin arrimo...Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!¡Adiós tamén, queridiña...!¡Adiós por sempre quizais...!Dígoche este adiós chorandodesde a beiriña do mar.Non me olvides, queridiña,si morro de soidástantas légoas mar adentro...¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Airiños, airiños, airesAiriños da miña tierraAiriños, airiños, airesAiriños, leviame a ela.Sin ela vivir non podo, non podo vivir sin ella,Ca donde queira que vaia covreme unha sombra espesa,Covreme unha espesa nuve tan preñada de tormenta,Tan desoida preñada ca miña vida envenena.Levaime, levaime airiños,Como unha folliña seca, que seco tamen me puso,A callentura que queima.Ai si no me levais pronto airiños da miña terra,Si no me levais airiños quizais xa non me coñeza,Levaime, levaime airiños, levaime donde me espera,Unha nai que con min chora, un pai que sin min no alentaUn irman por quen daría a sangre das miñas venasUn amorciño que aialma a vida lle prometera,Ai si no me levais pronto eu morrerei de tristeza,Soio nunha terra extraña donde extraño me alumea,Donde todo canto eu digo todo me dice extranxeiro,Ai miña pobre casiña ai meu cuchiño bermelloNon permitais que aqui morra airiños da miña terraAinda penso que de morto e de suspirar por ela,Ainda penso airiños aires que despois de morto sea,Pases polo campo santo donde enterrado me teñan,Pases na calada noite ruxindo entre as follas secas,A mormuxan dos medrosos antras blancas Calaveras,Ai si no me levais pronto airiños da miña terraEivos de berrar airiños airiños levaime a elaEivos de berrar airiños airiños levaime a elaAi lala, lala, lalalala, airiños levaime a ela.

FOLLAS NOVAS (1880)SIMANCAS, 1868-1870. Publícase o mesmo ano que Aires da miña terra de Curros e Saudades gallegas de Lamas Carvajal

Estrutura da obra: PRÓLOGO : Dúas palabras da autora, Arte poética e Intencións // 137 POEMAS Obra persoal e filosófica. Só algúns poemas continúan a liña de Cantares… Concebido no “desterro”. Ton pesimista. Partes: 1. Vaguedás 4. Da terra 3. Varia 2. Do íntimo! 5. As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.

PRÓLOGO: Por outra parte, Galicia era nos Cantares o obxeto, a alma enteira, mentras que neste meu libro de hoxe, ás veces, tan soio a ocasión, anque sempre o fondo do cuadro: que si non pode, se non ca morte, despirse o esprito das envolturas da carne, menos pode o poeta prescindir do medio en que vive, e da natureza que o rodea; ser alleo a seu tempo e deixar de reproducir, hastra sin pensalo, a eterna e laiada queixa que hoxe eisalan tódolos labios. Por eso iñoro o que haxa no meu libro dos propios pesares, ou dos alleos, anque ben podo telos todos por meus, pois os acostumados á desgracia, chegan a contar por súas as que afrixen os demais. Tanto é así que, neste meu novo libro, preferín, ás composicións que puderan decirse personales, aquelas outras que, con máis ou menos acerto, espresan as tribulaciós dos que, uns tras outros, e de distintos modos, vin, durante largo tempo, sofrir ó meu arredore. E ¡sófrese tanto nesta querida terra gallega! Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e marineiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas, mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus i os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo como brandas de corazón e tamén tan desdichadas que se dixeran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir a parte máis froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza. Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse, para manter ós seus fillos, e quisais ó pai valetudinario, parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.

   VI¿Qué pasa ò redor de min?¿Qué me pasa qu'eu non sei?Teño medo d'un-ha cousaQue vive e que non se vé. Teño medo á desgracia traidoraQue ven, e que nunca se sabe onde ven.

Cando era tempo de inverno pensaba en donde estarías, Cando era tempo de inverno cando era tempo de sol pensaba en donde andarías. cando era tempo de sol ¡Agora... tan soio penso, meu ben, si me olvidarías! ¡Agora... tan soio penso,

Temas: POESÍA SUBXECTIVA (INTIMISTA) (1,2) MESTURA(3) POESÍA OBXECTIVA (SOCIAL)(4,5). Relixiosidade, o sentido da escritura e as sombras.MétricaOrixinalidade métrica, con moldes inusuais e cunha rima asonante que exemplifica o paso do XIX ao XX (Vangardas).Galiza deixa de ser a protagonista, aparece só en ocasións, porén mantense como pano de fondo.

Aqués que tén fama d' honrados na vilaroubáronme tanta brancura qu' eu tiña;botáronme estrume nas galas dun día,a roupa de cote puñéronma en tiras.Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;ó raso cas lebres dormín nas campías;meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,¡morreron, morreron ca fame que tiñan!Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,fixéronm' un leito de toxos e silvas;i en tanto, os raposos de sangre maldita,tranquilos nun leito de rosas dormían.――――Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!De min se mofaron, vendeum' a xusticia.―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.Estonces, cal loba doente ou ferida,dun salto con rabia pillei a fouciña,rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)i a lúa escondíase, i a fera dormíacos seus compañeiros en cama mullida.Mireinos con calma, i as mans estendidas,dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.I ó lado, contenta, senteime das vítimas,tranquila, esperando pola alba do día.I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

CLICA NO ENLACE PARA REALIZAR O TEST:https://my.examtime.com/es/quizzes/112150/perform

Zusammenfassung anzeigen Zusammenfassung ausblenden

ähnlicher Inhalt

Cantares Gallegos
anxosriv
Romanticismo (II)
Damaris Navas Golmar
EADUARDO PONDAL
anxosriv
Comentario de texto: "A man segreda",Vento mareiro, 1915
profepdc
As vangardas na Literatura galega. (1)
Miguel Lamelas
BRIEF HISTORY OF GALICIA
marta moure fernandez
As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo.
Miguel Lamelas
Poesía de vangarda. Características, autores e obras.
Ilda V
A LITERATURA GALEGA DENDE 1947 ATÉ A ACTUALIDADE
Michel González Ceccarani
As vangardas. Introdución
Miguel Lamelas
Ramón Otero Pedrayo
Miguel Lamelas