É a modificación con respecto
ao historial climático. O clima
do noso planeta está
cambiando, o que supón un dos
mais graves problemas para o
ser humano
Causas
A causa máis importante é o
aumento do efecto
invernadoiro, froito dos gases
que son emitidos polo ser
humano.
O efecto invernadoiro
Parte da calor que a Terra recibe do Sol é emitida de novo
cara a atmosfera e retida polos gases de efecto
invernadoiro. Estos gases no deixan escapar esta calor cara
o espazo exterior.
Consecuencias do cambio climático
Aumento da temperatura
Un aumento da temperatura da
terra superior a dous graos
faría máis graves e
incontrolables as
consecuencias.
Perda do xeo
Debido ao quecemento
global estase derretendo a
superficie xeada dos polos.
Por eso sube o nivel do mar.
Migracións forzosas
Os habitantes dalgunhas illas de
Oceanía deben abandonar as
súas terras por mor da alarmante
subida do nivel do mar.
Cambios fenolóxicos
Cambios no comportamento dalgunhas
especies: aves que non emigran, plantas que
florecen antes de tiempo etc.
Catástrofes naturais
Ademais do aumento de forza dos furacáns,
comprobouse unha tendencia crecente no
número de fenómenos climáticos extremos:
tormentas intensas, tornados, secas prolongadas,
vagas de calor etc.