As vangardas. Introdución

Descripción

Introdución, ao tema As vangardas na Literatura galega. Tema 60 temario Lingua e literatura galegas
Miguel Lamelas
Mapa Mental por Miguel Lamelas, actualizado hace más de 1 año
Miguel Lamelas
Creado por Miguel Lamelas hace casi 7 años
64
0

Resumen del Recurso

As vangardas. Introdución
  1. Cando xorden?
    1. Na 1ª metade do século XX

      Nota:

      • A poesía de vangarda comeza a espallarse a partir da 1º guerra mundial por Europa.
    2. Que son?
      1. Unha actitude ante a vida, manifestada no pensamento e nas creacións artísticas, sobre todo nas artes plásticas e na poesía.
      2. Características. Malia seren movementos moi heteroxéneos, teñen en comón algunhas características
        1. afastamento do Romanticismo
          1. A súa fonte de inspiración será o mundo que rodea ao artista, pero este mundo converterase nunha realidade diferente, transformada polo poeta.
            1. pretenden a renovación da técnica e dos estilos
              1. Deshumanización da creación artística
                1. Busca da arte pura.
                  1. Aceptación do cotián como material poético.
                    1. - Innovación da linguaxe figurada.
                      1. Liberdade no acto da creación.
                        1. Internacionalismo e antitradicionalismo: cambio.
                          1. Son o punto de partida da arte moderna.
                          2. Contexto en Galicia e España, por extensión.
                            1. Europa achábase no ámbito de entre dúas guerras, cun ambiente cosmopolita e de crise ideolóxica.
                              1. España está inmersa na crise do 98
                                1. Modernismo impón a defensa da autonomía da arte e unha actitude racionalista
                                  1. En Galicia predomina actitude nacionalista da concienciación promovida polas Irmandades
                                    1. tamén se percibe unha clara presenza do saudosismo portugués
                                      1. neste momento se produce o descubrimento dos cancioneiros medievais
                                      2. As principais correntes de vangarda son:
                                        1. O cubismo (1907 e 1914)
                                          1. Nacido en Francia,
                                            1. Princiapis membros
                                              1. Encabezado por Guillaume Apollinaire, pero tamén tendo como principais fundadores a Pablo Picasso, Georges Braque e Juan Gris.
                                              2. Características
                                                1. Considerada a primeira vangarda xa que rompe co último estatuto renacentista vixente a principios do século XX, a perspectiva
                                                  1. Trata as formas da natureza por medio de figuras xeométricas, representando todas as partes dun obxecto nun mesmo plano.
                                                    1. A arte acepta a súa condición de arte, que agora será unha condición visible e mesmo parte intrínseca na obra.
                                                      1. Destaca na pintura Henri Matisse, (1907). A súa obra incide na intelixencia do receptor descompoñendo as formas naturais en xeométricas. O artista crea, non imita.
                                                    2. O Dadaísmo (1916 e 1922)
                                                      1. Xurdiu en Zúrich (Suiza) en 1916,
                                                        1. Autores
                                                          1. Tristan Tzara como o seu fundador
                                                          2. Características
                                                            1. Pretenden destruír todas as convencións con respecto á arte, creando unha especie de anti-arte ou rebelión contra a orde establecida.
                                                              1. Oposición ao pasado violento da Primeira Guerra Mundial.
                                                                1. O poema dadaísta adoita ser unha sucesión de palabras e sons, o que fai difícil atoparlle lóxica.
                                                                  1. Inclinación cara ao dubidoso, terrorismo, morte e nihilismo
                                                                    1. Busca renovar a expresión mediante o emprego de materiais inusuais
                                                                      1. Ten unha tónica xeral de rebeldía ou destrución. Caos verbal froito da oposición total á sociedade.
                                                                    2. O Futurismo
                                                                      1. Características
                                                                        1. Consideraba como elementos principais da poesía o valor, a audacia e a revolución, xa que se pregoaba o movemento agresivo, o insomnio febril, o paso ximnástico, o salto perigoso e a bofetada.
                                                                          1. Dous temas dominantes: a máquina e o movemento.
                                                                            1. Recorríase a calquera medio expresivo (artes plásticas, arquitectura, urbanismo, publicidade, moda, cine, música, poesía) capaz de crear unha verdadeira arte de acción, co propósito de rexuvenecer e construír de novo a face do mundo.
                                                                              1. Renovación da arte en temas e técnicas: máquinas, luxuria, velocidade, a guerra (asimilada polos fascistas).
                                                                              2. Autores
                                                                                1. O fundador foi Filippo Tommaso Marinetti,
                                                                                2. Fundado en Italia en 1090
                                                                                3. O Ultraísmo (1918-1922)
                                                                                  1. Movemento literario nacido en España en 1918, que se extinguirá en 1922 coa desaparición da revista Ultra.
                                                                                    1. Características
                                                                                      1. Xorde como oposicións ao Modernismo, que dominara a poesía en lingua española desde fins do século XIX
                                                                                        1. Renegaron do Manierismo e a opulencia do Modernismo, fundado por Rubén Darío
                                                                                          1. O ultraísmo era afín ao creacionismo, do poeta chileno Vicente Huidobro, quen pasou polos faladoiros dos ultraístas.
                                                                                          2. Autores
                                                                                            1. Formaron parte do núcleo ultraísta Guillermo de Torre, Juan Larrea, Gerardo Diego, Pedro Garfias e o arxentino Jorge Luís Borges,
                                                                                            2. Nun artigo publicado na revista Nós, de Bos Aires, en 1921, Borges sintetizou así os obxectivos do ultraísmo:
                                                                                              1. 1. Redución da lírica ao seu elemento primordial: a metáfora.
                                                                                                1. 2. Supresión das frases medianeiras, os nexos e os adxectivos inútiles.
                                                                                                  1. 3. Abolición dos traballos ornamentais
                                                                                                    1. 4. Síntese de dúas ou máis imaxes nunha, que ensancha dese modo a súa facultade de suxestión.
                                                                                                      1. 5. Imaxes e metáforas chocantes, ilóxicas, onde destacan o mundo do cine, do deporte, do adianto técnico: "Os motores soan mellor que endecasílabos" (Guillermo de Torre).
                                                                                                        1. 6. Tendencia a establecer unha disposición tipográfica nova das palabras do poema, pretendendo dese modo facer ver unha fusión da plástica e a poesía.
                                                                                                          1. 7. Neoloxismos, tecnicismos e palabras esdrúxulas.
                                                                                                            1. 8. Eliminación da rima.
                                                                                                          2. O superrealismo.
                                                                                                            1. O Surrealismo (en francés: surréalisme; sur [sobre, por encima] máis réalisme [realismo]) ou superrealismo é un movemento artístico e literario xurdido en Francia no primeiro cuarto do século XX
                                                                                                              1. Autores
                                                                                                                1. No ano 1934 Breton escribe o primeiro Manifesto Surrealista
                                                                                                                  1. Fixeron profesión de fe de Surrealismo Absoluto, os seguintes señores: Aragon, Baron, Boiffard, Breton, Carrive, Crevel, Delteil, Desnos, Eluard, Gerard, Limbour, Malkine, Morise, Naville, Noll, Peret, Picon, Soupault, Vitrac."
                                                                                                                    1. Nos anos trinta sumáronse ao movemento Salvador Dalí, Luís Buñuel, Yves Tanguy, René Char e Georges Sadoul.
                                                                                                                    2. Características
                                                                                                                      1. vocación libertaria sen límites e a exaltación dos procesos oníricos, do humor corrosivo e da paixón erótica, concibidos como armas de loita contra a tradición cultural burguesa.
                                                                                                                        1. As ideas do grupo expresáronse a través de técnicas literarias, como a «escritura automática», as provocacións pictóricas e as ruidosas tomas de posición públicas.
                                                                                                                          1. O achegamento a fins dos anos vinte cos comunistas produciu as primeiras baixas e cismas no movemento.
                                                                                                                            1. En 1930 Bretón redacta un segundo Manifesto e excomungaba a Joseph Delteil, Antonin Artaud, Philippe Soupault, Robert Desnos, Georges Limbour, André Masson, Roger Vitrac, Georges Ribemont-Dessaignes e Francis Picabia.
                                                                                                                              1. Éluard, Péret e Breton ingresaron no Partido Comunista, mais a fins de 1933 foron expulsados do partido.
                                                                                                                                1. a partir de 1946, cando Breton regresou a Parides, o surrealismo era xa parte da historia.
                                                                                                                              2. O Creacionismo
                                                                                                                                1. Vicente García-Huidobro Fernández (Santiago, Chile, 10 de enero de 1893 - Cartagena, Chile, 2 de enero de 1948),
                                                                                                                                  1. Vicente Huidobro foi un poeta e nobre chileno. Creador e exponente do creacionismo, é considerado un dos 4 grandes de la poesía chilena (con Neruda, De Rokha y Mistral).

                                                                                                                                Recursos multimedia adjuntos

                                                                                                                                Mostrar resumen completo Ocultar resumen completo

                                                                                                                                Similar

                                                                                                                                As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo.
                                                                                                                                Miguel Lamelas
                                                                                                                                Cantares Gallegos
                                                                                                                                anxosriv
                                                                                                                                ROSALÍA DE CASTRO
                                                                                                                                anxosriv
                                                                                                                                Imaxes da Historia de Arte en 2º de Bacharelato
                                                                                                                                Xosé E. VIcente
                                                                                                                                EADUARDO PONDAL
                                                                                                                                anxosriv
                                                                                                                                Comentario de texto: "A man segreda",Vento mareiro, 1915
                                                                                                                                profepdc
                                                                                                                                As vangardas na Literatura galega. (1)
                                                                                                                                Miguel Lamelas
                                                                                                                                Poesía de vangarda. Características, autores e obras.
                                                                                                                                Ilda V
                                                                                                                                A LITERATURA GALEGA DENDE 1947 ATÉ A ACTUALIDADE
                                                                                                                                Michel González Ceccarani
                                                                                                                                Ramón Otero Pedrayo
                                                                                                                                Miguel Lamelas
                                                                                                                                A esmorga 4 ESO A
                                                                                                                                Profesor/a Traballador/a