As vangardas na Literatura galega. (1)

Descrição

Esquema do tema 60 (temario lingua galega e literatura). As vangardas na literatura galega. Primeira parte (Conceptos xerais e Neotrobadorismo)
Miguel Lamelas
Mapa Mental por Miguel Lamelas, atualizado more than 1 year ago
Miguel Lamelas
Criado por Miguel Lamelas quase 7 anos atrás
211
0

Resumo de Recurso

As vangardas na Literatura galega. (1)
  1. Introdución
    1. Os poetas galegos seguían os distintos ismos, pero procuraban, segundo consello de Risco, non perder a liña propia da idiosincrasia galega.
      1. O carácter e individualidade das vangardas galegas vén determinado por unha serie de condicionantes:
        1. o espírito nacionalista herdado das Irmandades,
          1. a relación con Portugal, Teixeira de Pascoais e o saudosismo.
            1. os vangardistas galegos non foxen do sentimentalismo e, polo tanto, non se deshumanizan ao xeito dos europeos.
            2. Relación co Modernismo
              1. Varios autores como Carballo Calero e González Motín pensan que hai que encadrar a poesía galega de principios do XX dentro do Modernismo.
                1. Xosé Ramón Pena aínda vai máis alá afirmando que mesmo Curros, Pondal e Rosalía caberían dentro dun Modernismo entendido nun sentido máis amplo, como vehículo de renovación e de ruptura co Romanticismo e o Realismo.
                  1. X. R. Pena afirma ver pegadas do Modernismo tamén en Noriega e en Cabanillas
                  2. Dúas tendencias en Galicia (segundo X. R. Pena).
                    1. sen romper totalmente coa liña poética existente en Galicia
                      1. Bouza Brey e o neotrobadorismo ou neopopulismo
                        1. o hilozoísmo de Amado Carballo
                        2. segue totalmente as tradicións europeas rompendo coa galega
                          1. seguida por Manuel Antonio, adoptando as pautas do creacionismo
                            1. Tamén na obra de Cunqueiro ( o cubismo, o superrealismo, o dadaísmo).
                            2. Dependendo da acepción que se faga das vangardas poderase considerar que temos poeta e medio (Manuel Antonio e parte da obra de Cunqueiro) ou moitos poetas, os chamados novecentistas ou Xeración do 25, que correron por distintos carreiros no campo das vangardas: neotrobadorismo e hilozoísmo.
                          2. As vangardas (1)
                            1. Neotrobadorismo.
                              1. Orixe
                                1. Coñécense os cancioneiros medievais coa edición de J. J. Nunes, en 1928, das cantigas de amigo e de amor
                                  1. Relacionouse co Neopopularismo de Lorca e Alberti. A xeración do 27 volta aos ritmos populares de cancioneiro de man de Gil Vicente.
                                  2. Cronoloxía
                                    1. Comeza con Bouza Brey, Nao senlleira, 1933 e remata coa obra de Álvarez Blanquez, Cancioneiro de Monfero, 1953
                                    2. Características
                                      1. Non se calcaron os modelos medievais, senón que se adoptou unha identificación coa estética sinxela e coa poesía virxe.
                                        1. Caracterízase pola perfección formal clasicista, que recupera recursos clásicos da lírica dos cancioneiros: paralelismo, refrán e leixaprén.
                                          1. Foi un movemento puramente estético, sen unhas pretensións ideolóxicas e temáticas precisas.
                                            1. Xurdiu ao redor da figura do catedrático en Santiago J. C. Valledor e adquirirá un grande número de seguidores na preguerra e tamén na posguerra como actitude evasiva ante a realidade bélica.
                                            2. Autores
                                              1. Fermín Bouza Brey
                                                1. Coñece directamente a edición dos cancioneiros e estivo en contacto co Seminario de Estudos Galegos.
                                                  1. Características da obra
                                                    1. Achéganlles ás vellas cantigas un matiz de modernidade, así non serán tan arcaizantes, sen que poidamos encadralo plenamente nas vangardas.
                                                      1. Os seus poemas son textos moi traballados e extremadamente formalistas.
                                                        1. Emprega satisfactoriamente os recursos coñecidos: paralelismo, leixaprén, refrán..., pero que están moi lonxe da técnica innovadora que pretendía para a súa poesía
                                                          1. hai métrica variada
                                                            1. A lingua é moi coidada: restaura formas antigas, e mesmo a grafía.
                                                            2. Obras
                                                              1. Nao senlleira (1933)
                                                                1. Vai máis alá dunha reprodución arqueolóxica das cantigas medievais
                                                                  1. A temática non queda no amor cortés ou na amiga abandonada polo amigo
                                                                    1. Introdución de novos temas
                                                                      1. a melancolía
                                                                        1. a liberdade,
                                                                          1. o amor a Galiza,
                                                                            1. a ledicia do namorado
                                                                            2. A paisaxe segue a ser o elemento catalizador dos sentimentos
                                                                              1. o mar, moi presente, é máis íntimo, e non separa aos amantes, como na cantiga de amigo.
                                                                          2. Seitura.-
                                                                            1. Libro de posguerra, no que se expresa a plenitude do dominio do verso pero tamén certo cansazo, segundo Carballo Calero
                                                                              1. xa se publicaran moitas obras deste tipo e a súa poesía chega a destempo.
                                                                                1. libro menos preocupado pola imaxe, e máis humano e melancólico
                                                                            2. Álvaro Cunqueiro
                                                                              1. Cantiga nova que se chama riveira
                                                                                1. Dona de corpo delgado
                                                                                  1. Herba de aquí e de acolá
                                                                                  2. Filgueira Valverde
                                                                                    1. Publicou a obra titulada 6 canciones de amor “in modo antico”
                                                                                      1. ten cantigas que se sitúan nun santuario ao estilo de Martín Códax
                                                                                        1. poemas reproducidos case de xeito arqueolóxico da “forma inmovil”
                                                                                      2. Carballo Calero
                                                                                        1. Na súa primeira obra Vieiros atópase o poema “cantigas de amor lonxano”, claramente de tendencia neotrobadoresca.
                                                                                        2. Outros autores
                                                                                          1. X. Díaz Jácome
                                                                                            1. Emilio Pita
                                                                                              1. Aquilino Iglesia Alvariño
                                                                                                1. Emilio Álvarez Blázquez
                                                                                                  1. Cancioneiro de Monfero
                                                                                                    1. difundida como un auténtico e verdadeiro cancioneiro medieval.
                                                                                                      1. O seu autor confirma que o atopou asinado por Fr. Román Pazos en 1671, escrito en tres follas de pergamiño.
                                                                                                        1. Trátase dun conxunto de 8 poemas de amor, amigo e escarnio.
                                                                                                          1. Moi boa técnica
                                                                                                            1. Segundo algúns críticos, con esta obra ridiculízase a técnica mimética e ponse punto final á corrente neotrobadoresca

                                                                                                  Semelhante

                                                                                                  Cantares Gallegos
                                                                                                  anxosriv
                                                                                                  ROSALÍA DE CASTRO
                                                                                                  anxosriv
                                                                                                  EADUARDO PONDAL
                                                                                                  anxosriv
                                                                                                  Comentario de texto: "A man segreda",Vento mareiro, 1915
                                                                                                  profepdc
                                                                                                  As vangardas na literatura galega (2). Hilozoísmo. Amado Carballo.
                                                                                                  Miguel Lamelas
                                                                                                  Poesía de vangarda. Características, autores e obras.
                                                                                                  Ilda V
                                                                                                  A LITERATURA GALEGA DENDE 1947 ATÉ A ACTUALIDADE
                                                                                                  Michel González Ceccarani
                                                                                                  As vangardas. Introdución
                                                                                                  Miguel Lamelas
                                                                                                  Ramón Otero Pedrayo
                                                                                                  Miguel Lamelas
                                                                                                  A esmorga 4 ESO A
                                                                                                  Profesor/a Traballador/a
                                                                                                  Poesía de vangarda. Características, autores e obras.
                                                                                                  Cristian Recamán